TURISMO

Compostela, Xerusalén e Roma debaten estratexias comúns

29/11/2007 Compostela, Xerusalén e Roma son as protagonistas do I Congreso Internacional de Cidades de Peregrinación. O Hotel Monumento San Francisco acolle entre o 29 e o 30 de novembro un encontro no que se analizan os problemas comúns e se debaten estratexias de futuro.

O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, presidiu o acto de apertura deste congreso, que achega os puntos de vista dos distintos axentes implicados na promoción destas tres cidades, os principais destinos de peregrinación do mundo. A través de seis relatorios analízanse cuestións como o produto turístico cultural, a visión dos xestores municipais, a xestión dos fluxos, a visión da Igrexa ou as estratexias de promoción e comercialización.

Acompañaron a Bugallo no acto o concelleiro de Promoción Económica e Turismo, Xosé Manuel Iglesias; o director xeral de Turismo da Xunta, Rubén Lois; e o arcebispo compostelán, Julián Barrio.

Compartir: