EIXO ATLÁNTICO
O número estimado de deportistas que está previsto que participen nestes sextos Xogos do Eixo Atlántico é de 1400 rapaces e rapazas acompañados polos seus respectivos adestradores e coordinadores.
O desenvolvemento e a consolidación de disciplinas deportivas de carácter transfronteirizo é o obxectivo da organización deste evento por parte do Eixo Atlántico. Os Xogos do Eixo Atlántico reúnen durante unha semana arredor de 1300 mozos e mozas, que conviven a través da práctica do deporte. O formato de congregar nunha mesma cidade a todos os deportistas adoptouse na segunda das edicións, concretamente na celebrada en 1997. Posteriormente seguíronlle as Cidades de Chaves (1999), Ourense (2001) e Bragança (2003). Na V edición celebrada na cidade de Bragança incorporouse por primeira vez a discapacitados intelectuais.
Santiago de Compostela será a sede dos VI Xogos do Eixo Atlántico
29/06/2005 Mozos de dezasete cidades de Galicia e do norte de Portugal reuniranse en Compostela para competir nos "VI Xogos do Eixo Atlántico" entre os días 11 e 16 de xullo, coincidindo a última noite dos xogos coa primeira das festas patronais do Apóstolo.
As disciplinas deportivas que integrarán a sexta edición dos Xogos do Eixo Atlántico serán baloncesto feminino e masculino, natación feminina e masculina, atletismo feminino e masculino, atletismo para discapacitados feminino e masculino, balonmán masculino, voleibol femenino e fútbol a 7 masculino.O número estimado de deportistas que está previsto que participen nestes sextos Xogos do Eixo Atlántico é de 1400 rapaces e rapazas acompañados polos seus respectivos adestradores e coordinadores.