EDUCACIÓN

A Escola Municipal de Música recompila nu CD as súas tomas falsas

31/10/2007 Os profesores e alumnos da Escola Municipal de Música veñen de levar a un CD as súas tomas falsas, que reflicten o traballo e o bo ambiente que preside esta institución académica. A presentación de "Tomas falsas" tivo lugar durante o concerto co que a Escola abriu o curso.

Nesta actuación inaugural participou o alumnado da Escola. Os asistentes pudieron gozar dun repertorio composto polos seguintes temas: Musette (tradicional francesa), Rumba do mar (Alberto Vila), Slow air (tradicional irlandesa), Voso galo comadre (tradicional galega) e Nobody knows you (Eric Clapton).

A Escola Municipal de Música ofrece a oportunidade de educar a través da música a todas as persoas a partir dos catro anos. Nenos, mozos e adultos composteláns teñen cabida nesta escola.

Unha das especialidades que se ofrece é a de música e vento, a partir dos catro anos. Ademais, a partir dos oito anos, os alumnos poden aprender a tocar os seguintes instrumentos: acordeón, baixo eléctrico, contrabaixo, gaita, guitarra, guitarra eléctrica, óboe, violín, viola, violonchelo, frauta, clarinete, saxofón, trompeta, trompa, piano e percusión.

Compartir: