SERVIZOS

Boisaca rexistrou 361 inhumacións e 35 incineracións ata outubro

31/10/2007 Nos nove primeiros meses de 2007, o cemiterio de Boisaca rexistrou un total de 361 inhumacións e 35 incineracións. Na totalidade do 2006 realizáranse 398 inhumacións e 41 incineracións. O mes con maior número de defuncións foi xaneiro, mentres xullo foi o de menos.

Os datos xerais do cemiterio indican que na actualidade conta con 8.659 sepulturas, 2.433 nichos e 168 panteóns construídos. Ata o 30 de setembro, houbo un total de 67 novas ocupacións: 29 nichos en aluguer, 11 nichos en concesión, 35 sepulturas en concesión e dous cinerarios en concesión. Nestes intres están libres 187 nichos, 379 nichos cinerarios e 194 sepulturas.

Por outra parte, nestes primeiros nove meses, expedíronse 49 certificados de titularidade e producíronse 63 cambios de titularidade. A isto hai que engadir un total de 31 expedientes de traslado de restos.

Transporte urbano ao cemiterio
Con motivo da festividade de Todos os Santos, habilitaranse servizos especiais ao cemiterio de Boisaca coa liña 1. Os días 31 de outubro e 1 de novembro, os servizos ao cemiterio serán cada 15 minutos dende as 8:30 horas, con saída do Hospital Clínico, e ata as 20.30 horas, co saída de Boisaca. Antes e despois das devanditas horas, a frecuencia será de 16 minutos, ao igual que o resto de días laborables. Máis información no teléfono 901 120 054.

Compartir: