TRANSPORTES

Carlos Nieves toma posesión coma conselleiro de Tussa

31/10/2007 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, presidiu o Consello de Administración da Sociedade Municipal de Xestión do Transporte Urbano (Tussa). No mesmo produciuse a incorporación do agora concelleiro de Transportes, Carlos Nieves, como novo conselleiro, en substitución de Francisco Candela.

No Consello tamén se deu conta do cese de Carlos González como xerente de Tussa, quen deixa o cargo para asumir a dirección do Consorcio de Transportes de Asturias.

Compartir: