EDUCACIÓN

A Escola Municipal de Música abre o curso cun concerto

30/10/2007 O mércores, 31 de outubro, ás 19:00 horas, terá lugar no salón de actos da Escola Municipal de Música de Santiago de Compostela un concerto de inauguración do curso 2007/2008, no que participará o alumnado da Escola. Ao acto asistirá o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e a concelleira de Educación, Guadalupe Rodríguez.

No concerto interpretarase o seguinte programa: Musette (tradicional francesa), Rumba do mar (Alberto Vila), Slow air (tradicional irlandesa), Voso galo comadre (tradicional galega) e Nobody knows you (Eric Clapton).

Durante o concerto presentarase o CD Tomas falsas, realizado polo profesorado e polo alumnado da Escola.

Compartir: