CULTURA
O Festiclown é unha combinación equilibrada de espectáculo, formación e promoción de novos artistas e como o ano pasado articularase en torno a 4 grandes seccións: a Mostra Internacional, o Desclowntrol nas rúas, as Clownvocatorias artísticas (formada á vez polo Certame Intergaláctico, o Maraclown e o Clown off) e o Formaclown. Nas próximas semanas darase a coñecer a programación definitiva do Festiclown, pero xa está aberto o prazo de inscrición, ata o vindeiro 8 de xullo, para participar no Formaclown e nas Clownconvocatorias artísticas.
O Formaclown é unha aposta decidida pola formación de maior prestixio e calidade en clown e humor. Até o próximo xoves 8 de xullo está aberto o prazo para inscribirse nestes cursos. A xente interesada poderá participar nos cursos que impartirán algunhas das escolas modernas de referencia imprescindible como a Escola internacional de mimodrama de París ou a Escola do Circo Picadeiro de Brasil representadas, respectivamente, nas figuras dos mestres Blanca del Barrio e Nanny Cogorno.
Ademais, contarase coa presenza de Jango Edwards, recoñecido internacionalmente como un dos mellores clown do mundo, que será este ano o encargado de inaugurar o Festiclown Compostela, e xunto ao seu estreito colaborador, Peter Ercolano, impartirá un dos dez cursos de formación.
Leo Bassi, o clown máis irreverente do mundo, impartirá este ano un curso titulado "Na busca da nosa identidade cómica" e Tom Greder, un experimentado mestre cunha ampla traxectoria de máis de dezaoito anos como formador en diversas técnicas, empregará o xogo como ferramenta fundamental da creatividade e a comunicación humana no curso de "performance workshop para clowns".
Do panorama estatal cabe destacar tamén a presenza de galego Cándido Pazó, actor, narrador, contacontos, autor teatral, guionista de televisión e director de escena con numerosos espectáculos estreados e diversos premios, que impartirá un curso de "monólogos cómicos" e a de Ángel Sánchez (cofundador da compañía de clown Good Idea Company) que este ano ofrecerá un curso de Risoterapia e Ioga da risa.
Ata o 8 de xullo tamén está aberta a inscrición para participar nas Clownvocatorias artísticas, unha sección que ten como obxectivo que calquera compañía ou artista que o desexe poida exhibir o seu traballo nalgunha das seguintes subseccións:
O Certame Intergaláctico é unha oportunidade única para asistir á representación de traballos de compañías de clown galegas e de fóra de Galicia. É a maior plataforma do clown en Galicia e ten dúas modalidades: a de exterior, na que as actuación se desenvolverán na praza do Toural, e a de interior, tendo como escenario o Teatro Principal.
O Maraclown nace da idea de prestixiar a profesión de artistas da rúa. Que pasar a gorra se converta nun xeito máis de facer cultura, e a rúa como outro escenario máis no que artistas e compañías poidan representar as súas propostas para o público casual sen distinción de idade nin condición.
No Clown-off durante dúas noites as compañías e actores e actrices poderán presentar espectáculos que estean preparando e precisen dunha presentación con público.
O Festiclown 2005 complétase coas outras grandes sección do festival. A Mostra Internacional acolle a algunhas das mellores compañías e artistas a nivel internacional na disciplina teatral do clown e teatro cómico. Co Desclowntrol nas rúas o Festiclown buscará nos espazos públicos de Santiago unha fiestra para o encontro e a participación de artistas e público, un ensaio práctico do que debe ser a vida: unha praza na que atopármonos todos e todas.
Na edición de 2004 a Concellaría de Cultura organizou 81 actividades e actuación diferentes en torno ao Festiclown. Este ano o programa será moi ambicioso e buscará superar as 47.000 persoas que nalgún momento disfrutaron dos espectáculos de rúa ou nas diferentes sedes interiores.
O Festiclown volve en agosto
29/06/2005 Xa está aberta a inscrición para participar nos cursos de formación e nas interpretación de rúa e no Teatro Principal. En 2004 o público foi superou as 47.000 persoas
A Concellaría de Cultura organizará por segundo ano consecutivo do 1 ao 8 de agosto o Festiclown (Festival Internacional de Clown de Galicia) e no que participarán algúns dos mellores pallasos, compañías de clon e animadores de rúa do mundo.O Festiclown é unha combinación equilibrada de espectáculo, formación e promoción de novos artistas e como o ano pasado articularase en torno a 4 grandes seccións: a Mostra Internacional, o Desclowntrol nas rúas, as Clownvocatorias artísticas (formada á vez polo Certame Intergaláctico, o Maraclown e o Clown off) e o Formaclown. Nas próximas semanas darase a coñecer a programación definitiva do Festiclown, pero xa está aberto o prazo de inscrición, ata o vindeiro 8 de xullo, para participar no Formaclown e nas Clownconvocatorias artísticas.