CULTURA
No Congreso están participando diversas autoridades, entre elas o ministro portavoz do Goberno francés, Laurent Wauquiez, e todos coinciden en que a declaración do Camiño de Santiago como primeiro itinerario cultural europeo marcou un fito importantísimo na historia da cultura europea. Logo deste nomeamento foron 23 itinerarios máis os que recibiron esta distinción. Así, na actualidade, o Instituto Europeo de itinerarios Culturais ten recoñecidos 24 itinerarios que cruzan por 49 países.
No Congreso está participando o tenente de alcalde de Compostela, Néstor Rego, ao que acompañan o director xerente da SA Xestion do Plan Xacoeo, Ignacio Rodríguez Eguibar, o director xeral de Turismo da Xunta de Galicia, Rubén Lois, e o director xeral de Xuventude, Rubén Cela. Este último atópase no Congreso con motivo dun encontro da mocidade encargado de elaborar un parágrafo que engadiran á Declaración de Le Puy en Velay que se redactará como conclusión do Congreso. Ademais, os mozos serán os encargados de levar este documento oficial ata Compostela o 23 de outubro para presentalo no transcurso dos actos conmmemorativos. Así, entre xóvenes europeos chegados de diferentes países, están en Le Puy tres composteláns, convidados pola Dirección Xeral de Xuventude.
Na opinión de Néstor Rego, que participou no acto inaugural, "o Camiño segue tendo unha enorme relevancia mesmo como escenario de encontro, reflexión e diálogo entre diferentes culturas e así se está a poñer de manifesto neste Congreso". Nese contexto, "a celebración de xornadas que permitan o intercambio de experiencias é enormemente enriquecedora ao tempo que contribuen á difusión internacional do Camiño".
Dende ese punto de vista, o feito de que en Le Puy representantes de diferentes países e de distintos itinerarios culturais debatan sobre os mesmos neste aniversario está a permitir unha maior difusión e coñecemento do Camiño de Santiago. Rego constatou así, a enorme proxeccion internacional do Camiño en todos os paises europeos e o interese que desperta como experiencia cultural, "o cal debe animarnos -confirmou- a seguir traballando na difusión, conservación e mellora do noso Camiño"
O Camiño de Santiago, protagonista do XX aniversario do Instituto Europeo de Itinerarios Culturais
28/09/2007 O Camiño de Santiago é o gran protagonista dun Congreso que se está a celebrar en Le Puy en Velay con motivo do XX aniversario da creación do Instituto Europeo de Itinerarios Culturais e que leva por nome, precisamente, Sobre os Camiños de Santiago.
Este congreso, no que participa o tenente de alcalde da cidade, Néstor Rego, serve de antesala dos actos conmemorativos do nomeamento do Camiño de Santiago como primeiro itinerario cultural europeo, que terán lugar en Compostela os días 23 e 24 de outubro. Os actos, que están sendo organizados por unha comisión formada polas concellarías de Cultura e Centros Socioculturais e de Promoción Económica, Comercio, Emprego e Turismo do Concello de Santiago, a Dirección Xeral de Turismo da Xunta de Galicia e a S.A. Xestión do Plan Xacobeo, situarán a Compostela no centro da actualidade cultural europea.No Congreso están participando diversas autoridades, entre elas o ministro portavoz do Goberno francés, Laurent Wauquiez, e todos coinciden en que a declaración do Camiño de Santiago como primeiro itinerario cultural europeo marcou un fito importantísimo na historia da cultura europea. Logo deste nomeamento foron 23 itinerarios máis os que recibiron esta distinción. Así, na actualidade, o Instituto Europeo de itinerarios Culturais ten recoñecidos 24 itinerarios que cruzan por 49 países.