DEPORTES

Os composteláns teñen unha cita para percorrer en bicicleta a súa cidade

28/09/2007 Se a meteoroloxía acompaña, o domingo 30 de setembro os composteláns teñen unha cita para percorrer a súa cidade en bicicleta. A proba sairá ás 11:00 horas do Centro Comercial Compostela.

O percorrido levará aos participantes polas seguintes rúas: Paxonal, Amor Ruibal, Hórreo, praza de Galicia, Fonte de Santo Antonio, Virxe da Cerca, Porta do Camiño, Rodas, colexio La Salle, San Roque, Santa Clara, Basquiños, San Caetano, Camiño Francés, rúa París (Fontiñas), rúa Londres, Multiusos de Sar, rúa Diego Bernal, Ponte do Sar, Castrón D’Ouro, Curros Enríquez, Santiago de Guayaquil, República do Salvador, Alfredo Brañas, República Arxentina, praza Ponte Castro, Hórreo, Senra, Porta Faxeira, Pombal, Galeras, Salvadas, Vista Alegre, avenida de Castelao, Burgo das Nacións, Xoán XXIII, San Francisco e praza do Obradoiro.

A organización recomenda aos participantes usar casco e respectar os límites marcados pola organización. Ademais, todos deben ter precaución e seguir con atención as instrucións da Policía Local, de Protección Civil e dos colaboradores do Club Ciclista Compostelán e do Moto Club Compostela. Tamén se lembra que a proba non é unha competición, senón un paseo en bici, e que cómpre ser respectuoso cos demais participantes.

Compartir: