ALCALDÍA

Un novo lugar para a memoria en Compostela

28/09/2007 A lembranza do profesorado, persoal e estudantes da Universidade de Santiago represaliados no período 1936-42 faise presente a través da obra que esculpiu Acisclo Manzano e que se vén de inaugurar no Campus Sur. Compostela ten deste xeito, un novo icono para a memoria respecto a unhas persoas obrigadas a afastarse da docencia e a ao exilio.

A escultura, en cuxa estrela reza o lema "Vae victis 1936" (¡Ai dos vencidos!) recorda aos 44 profesores e cinco traballadores represaliados da USC, pero tamén a aqueles profesores galegos doutras universidades, que impartiran docencia en Santiago e que tamén sufriron a represión e o exilio.

A alcaldesa en funcións, Mar Martín, asistiu á inauguración oficial desta escultura. No acto interviron o presidente da Xunta de Galicia, Emilio Pérez Touriño; o reitor da USC, Senén Barro; o vicerreitor de Relacións Institucionais, Lourenzo Fernández; e a presidenta do Parlamento, Dolores Villarino.

Compartir: