EDUCACIÓN
A iniciativa permitirá aos rapaces contemplar a exposición na compaña dun guía que lles amosará a transformación experimentada por Compostela desde un punto de vista didáctico e ilustrativo. Pero ademais, arredor da exposición hai previstas outras actividades complementarias. Realizaranse percorridos históricos, un itinerario arquitectónico por Santiago, en colaboración co Proxecto Terra (COAG), un itinerario sobre "A escultura contemporánea nos espazos públicos" e itinerarios por zonas de interese natural. Todo isto complementarase con obradoiros de maquetismo, interpretación de planos ou fotografía, xincanas fotográficas e xogos de pistas.
Día Mundial da Arquitectura
A apertura destas visitas didácticas coincide coa celebración, o 1 de outubro, do Día Mundial da Arquitectura e do Día Mundial do Hábitat. Santiago quere unirse a esta celebración, que este ano leva como tema "Cidades, fontes da esperanza" e da que os actos centrais terán lugar na cidade italiana de Nápoles. Para sumarse a esta iniciativa, Educación organiza unha xornada de portas abertas na exposición "SANTIAGO dC".
Centro educativo e cultural
O antigo edificio do Banco de España estase a converter, como xa se comprobou co programa de visitas guiadas á exposición anterior de "Intramuros" entre o 13 de decembro de 2006 e o 16 de febreiro de 2007, nun centro educativo e cultural de primeiro orde, auténtico xerme do proxectado Museo Nacional de Santiago e das Peregrinacións.
Por este motivo, o Consorcio de Santiago decidiu prorrogar ata o 31 de decembro a exposición "SANTIAGO dC", aberta na sede do antigo Banco de España. Este período de ampliación coincidirá coa cesión definitiva do edificio por parte da Administración Central ao Consorcio o próximo 1 de xaneiro.
Recentemente foi adxudicada ao arquitecto Manuel Gallego Jorreto a redacción do proxecto de reforma do edificio, que servirá para convertelo no futuro Museo Nacional de Santiago e das Peregrinacións tralas obras ás que o Consorcio vai destinar máis de tres millóns de euros.
Os interesados nestes percorridos didácticos poden solicitar máis información no Departamento de Educación e Mocidade: nos teléfonos 981 554 400 / 401, no Fax 981 571 511 ou na dirección de correo electrónica dptoeducacion@santiagodecompostela.gal.
A mostra "SANTIAGO dC" permitirá aos escolares coñecer o patrimonio urbano herdado
28/09/2007 A Concellaría de Educación e o Consorcio presentaron un novo programa de visitas guiadas para escolares e adultos arredor da mostra "SANTIAGO dC". A finalidade da iniciativa é contribuír ao coñecemento da cidade e lograr un maior respecto e admiración polo noso patrimonio urbano.
O programa está dirixido a alumnos de terceiro ciclo de educación primaria, secundaria obrigatoria, familias e calquera outro colectivo interesado en participar. De feito, as visitas pretenden ser útiles non só para os educadores, senón tamén para os integrantes da rede de centros socioculturais, educación para o tempo libre, educación de adultos, colectivos de discapacitados, etc. As visitas dos escolares; para as familias resérvanse os fins de semana e os festivos.A iniciativa permitirá aos rapaces contemplar a exposición na compaña dun guía que lles amosará a transformación experimentada por Compostela desde un punto de vista didáctico e ilustrativo. Pero ademais, arredor da exposición hai previstas outras actividades complementarias. Realizaranse percorridos históricos, un itinerario arquitectónico por Santiago, en colaboración co Proxecto Terra (COAG), un itinerario sobre "A escultura contemporánea nos espazos públicos" e itinerarios por zonas de interese natural. Todo isto complementarase con obradoiros de maquetismo, interpretación de planos ou fotografía, xincanas fotográficas e xogos de pistas.