PROMOCIÓN ECONÓMICA
Unha delas será a rexeneración do cauce, recuperación ambiental e acondicionamento para uso público e recreativo das ribeiras do Río Sarela dende o Carme de Abaixo ata a ribeira de San Lourenzo. Entre as obras previstas figuran a creación dunha área recreativa de aproximadamente 330 metros cadrados entre a ponte de Entregaleras e a situada antes da Igrexa do Carme de Abaixo, labores de limpeza do cauce, restauración de elementos construtivos, axardinamento e mellora e adecentamento das pontes.
Ademais, os alumnos construirán o albergue de cabalos Monte do Gozo. A edificación ubicarase nunha parcela contigua ao camping. O proxecto terá unha superficie construída de 2.950 metros cadrados, distribuídos en zona de cortes, zona de pistas e zona de servizos. O albergue permitirá contar cunhas instalacións axeitadas para o coidado e recuperación dos equinos dos peregrinos que realizan o Camiño de Santiago a cabalo.
Está previsto que o Obradoiro de Emprego Compostela Natural remate o 29 de setembro do 2008. O obxectivo dos obradoiros, integrados no Plan de Acción Local polo Emprego, é mellorar as posibilidades de inserción e reinserción no mercado de traballo de persoas desempregadas de longa duración, a través da súa participación en accións mixtas de emprego-formación.
O obradoiro de emprego Compostela Natural permitirá rexenerar as ribeiras do Sarela e construír un albergue de cabalos no Monte do Gozo
27/09/2007 O venres 28 de setembro iniciase o Obradoiro de Emprego Compostela Natural, desenvolvido pola Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo. Conta cun orzamento de 1.173.865,54 euros achegados pola Consellería de Traballo. As clases teóricas impartiránse no Centro de Formación Ocupacional Sanxuás de Aríns.
No obradoiro participan sesenta alumnos, o 50% mulleres, aos que hai que engadir outras trece persoas entre persoal docente e de xestión. Recibirán formación en catro especialidades: carpintería, xardinería, electricidade e dous módulos de albanelería. Cada acción formativa conta con doce alumnos. Ademais, realizarán dúas obras ou servizos.Unha delas será a rexeneración do cauce, recuperación ambiental e acondicionamento para uso público e recreativo das ribeiras do Río Sarela dende o Carme de Abaixo ata a ribeira de San Lourenzo. Entre as obras previstas figuran a creación dunha área recreativa de aproximadamente 330 metros cadrados entre a ponte de Entregaleras e a situada antes da Igrexa do Carme de Abaixo, labores de limpeza do cauce, restauración de elementos construtivos, axardinamento e mellora e adecentamento das pontes.