DEPORTES

O Multiusos Fontes do Sar amplía a súa sala de musculación con novos equipamentos

26/09/2007 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, visitou o Multiusos Fontes do Sar. Alí puido comprobar as melloras realizadas na sala de musculación, que ampliou o seu espazo e incorporou novos equipamentos.

A sala ampliouse en 150 metros cadrados e equipouse cun circuíto de tonificación composto por doce máquinas de última xeración e cunha zona de estiramentos. O investimento total no novo equipamento foi de 102.648 euros.

Os doce aparatos incorporados teñen carenado frontal, incrementando deste xeito a seguridade durante os exercicios, así como suxeita toallas, que premiten ter as mans libres para realizar os movementos. Tamén aseguran a comodidade e a postura correcta. Adquiríronse dúas máquinas de abdutores, dúas poleas e sendas máquinas para exercicios de glúteos, dorsal, peito, bíceps, tríceps, cuadríceps, isquiotibiais e unha prensa horizontal para perna. Nestes aparatos investíronse 58.684 euros.

Ademais, substituíronse as bicicletas de fit-bike, coa adquisición de 40 novidosas unidades. Nelas o seu sistema de freo hidráulico proporcionan un pedaleo suave e seguro. Estas bicicletas estáticas custaron 43.964 euros.

Na visita á renovada sala de musculación acompañaron ao alcalde, habitual usuario deste complexo, o concelleiro de Deportes, Andrés Fariña, e o xerente do Multiusos, Santiago Cuadrado.

Compartir: