CONSORCIO
Ao mesmo tempo, o Consorcio de Santiago amosa no interior da compostelá igrexa de Santa Mª do Camiño a exposición "Unha Provocación Construtiva"; unha mostra que ofrece a visión das consecuencias que sobre o sector da construción e a arquitectura tivo unha política sostida e programada de fomento e axuda ao desenvolvemento tecnolóxico da industria madereira, en consonancia coas características do medio natural na rexión austríaca de Voralberg, que ten certos paralelismos coa xeografía galega.
Esta exposición, que se inaugurou o pasado 13 de xullo e que permanecerá aberta ata o próximo 13 de setembro, xa foi visitada por 3.100 persoas. Con posterioridade a esta data, a mostra viaxará a Coruña e Vigo co obxecto de achegar tamén esta iniciativa á actividade académica dos alumnos de arquitectura de Galicia.
Á espera de converter o antigo edificio do Banco de España no futuro Museo Nacional de Santiago e das Peregrinacións, o Consorcio non só está a utilizar as súas estancias para dar a coñecer o mundo interior dos conventos de clausura ("Intramuros") e a propia historia urbanística da cidade ("Santiago dC"), senón que está a reforzar o valor das igrexas de Santiago como recintos acolledores de distintas manifestacións artísticas relacionadas co seu patrimonio cultural.
Máis de 54.000 persoas visitan as exposicións organizadas polo Consorcio de Santiago no Banco de España e na igrexa de Santa Mª do Camiño
29/08/2007 As mostras "Santiago dC" e "Unha provocación construtiva" son un atractivo engadido para os visitantes que percorren as rúas do casco histórico compostelán.
Desde a súa inauguración o pasado 25 de abril, máis de 51.000 persoas achegáronse ata "Santiago dC", unha mostra que reflicte a relación existente entre a memoria da cidade e o seu futuro, a relación entre o pasado e os proxectos que a transformaron e ampliaron. A exposición, conmemorativa do XV aniversario da creación do Consorcio de Santiago, seguirá aberta no singular edificio do Banco de España ata o próximo 30 de setembro.Ao mesmo tempo, o Consorcio de Santiago amosa no interior da compostelá igrexa de Santa Mª do Camiño a exposición "Unha Provocación Construtiva"; unha mostra que ofrece a visión das consecuencias que sobre o sector da construción e a arquitectura tivo unha política sostida e programada de fomento e axuda ao desenvolvemento tecnolóxico da industria madereira, en consonancia coas características do medio natural na rexión austríaca de Voralberg, que ten certos paralelismos coa xeografía galega.