ALCALDÍA

O alcalde compostelán condena enerxicamente o atentado terrorista que tivo lugar en Durango

24/08/2007 Xosé A. Sánchez Bugallo manifestou a súa máis enérxica condena do atentado que a banda terrorista ETA perpetrou na madrugada do día 24 de agosto na localidade vasca de Durango.

O rexedor compostelán transmitiu unha mensaxe de ánimo aos dous feridos leves e mostrou o seu apoio total e o da institución que representa aos corpos e forzas de seguridade do Estado na súa loita contra o terrorismo. Sánchez Bugallo lamentou profundamente que este feito se tivera producido e alabou o traballo de todos os actores involucrados na tarefa de rematar co terrorismo.

Compartir: