XUNTA DE GOBERNO
Coa nova tarifa, o máximo diario non se alcanzará ata as 10 horas e oscilará entre os 9,65 euros da Praza de Vigo e os 13,35 da Praza Roxa. (As táboas coa tarificación completa poden consultarse no anexo desta nova). Estes aparcadoiros súmanse deste xeito aos de Belvís e Xoán XXIII, que xa viñan cobrando por minuto dende principios de ano.
Foi este o punto máis importante dunha Xunta de Goberno Local na que tamén se acordou manifestarlle á Deputación da Coruña o interese do Concello de Santiago en asinar a prórroga do convenio de colaboración destinado ao mantemento do servizo de normalización lingüística para o período comprendido entre o 1 de outubro de 2007 e o 30 de setembro de 2008. En virtude do devandito convenio, a Deputación aporta a cantidade de 12.000 euros.
O Concello dálle o visto bo á tarificación por minuto nos aparcamentos públicos da cidade
24/08/2007 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recén incorporado das súas vacacións estivais, vén de presidir unha Xunta de Goberno Local extraordinaria que tivo como punto central a aprobación da tarificación por minuto nos párkings públicos de cidade xestionados en réxime de concesión administrativa.
As novas tarifas entrararán en vigor o vindeiro 1 de setembro e afectarán aos párkings de San Clemente, Praza Roxa, Romero Donallo, Praza de Galicia, Praza de Vigo, Hórreo, San Caetano e A Rosa-Puente Castro. Deste xeito, o primeiro minuto costaría cero euros e o segundo, 5 céntimos, en virtude do redondeo establecido. Este redondo suporá unha suba tan só do 0,0 ou 0,1 %. O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo fixo fincapé na importante labor desenvolvida polos técnicos municipais á hora de establecer o redondeo das tarifas, xa que era necesario garantir o equilibrio económico da concesión sen que isto supuxese una carga para o usuarioCoa nova tarifa, o máximo diario non se alcanzará ata as 10 horas e oscilará entre os 9,65 euros da Praza de Vigo e os 13,35 da Praza Roxa. (As táboas coa tarificación completa poden consultarse no anexo desta nova). Estes aparcadoiros súmanse deste xeito aos de Belvís e Xoán XXIII, que xa viñan cobrando por minuto dende principios de ano.