ALCALDÍA
Benigno López chegar ao cargo de Valedor despois dunha longa carreira xudicial, con 24 anos como maxistrado e 14 na Sala do Contencioso Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. O seu nomeamento contou co beneplácito dos tres grupos políticos do Parlamento galego.
O alcalde ofrécelle a máxima colaboración municipal ao novo Valedor do Pobo
31/07/2007 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu e Raxoi ao novo Valedor do Pobo, Benigno López González, que tomou posesión do seu cargo perante o Parlamento o 27 de xullo.
Na xuntanza, Sánchez Bugallo ofreceulle ao novo Valedor a máxima colaboración do Concello no seu novo labor e amosouse seguro de que a relación entra as dúas institucións será "fluída e positiva". Nos mesmos termos se pronunciou Benigno López, quen agradeceu a acollida do alcalde e ofreceu o seu apoio e colaboración "dentro dun marco de lealdade institucional".Benigno López chegar ao cargo de Valedor despois dunha longa carreira xudicial, con 24 anos como maxistrado e 14 na Sala do Contencioso Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. O seu nomeamento contou co beneplácito dos tres grupos políticos do Parlamento galego.