FESTAS
Os fogos de fin de festa e o tributo a Queen pechan unhas celebración que tamén destacaron polo "civismo" da xente, especialmente na noite do 24 ao 25, indicou o concelleiro. Ese día, 150.000 persoas déronse cita en Santiago, con cifras significativas como as da praza do Obradoiro (18.000), do concerto de Orishas na Quintana (6.000) ou da Alameda (10.000 persoas).
Tamén se referiu á ausencia de accidentes de mozos neste día, algo ao que contribuíu o funcionamento nesta noite do Noitebús, apuntou. Finalmente, Baqueiro deu ás grazas aos corpos de seguridade polo seu traballo, así como á Policía Local, á Cruz Vermella e a Protección Civil.
Fogos
Preguntado polos Fogos do Apóstolo, o concelleiro reiterou que o concurso público se fixo "coa idea de preservar a Catedral e o seu contorno". Por iso se optou, dixo, por menos fogos dende as cubertas da Catedral e por máis proxeccións multimedia. "É unha idea que temos que seguir levando a cabo, aínda que é certo que as proxeccións só se poden ver dende a praza", indicou. Neste sentido, non descartou que no futuro os fogos teñan un carácter máis pirotécnico, pero non utilizando a Catedral.
Sobre a suspensión do concerto de Sabina e Serrat, Baqueiro remitiu á responsable do concerto, Cavea Producciones, e indicou que as reclamacións que se están a recibir no Departamento de Festas se están remitindo á mesma. "Lamentamos o sucedido e esperamos que a produtora atenda todas as reclamacións", apuntou antes de sinalar que "aínda que o escenario tivera unha cuberta, tería entrado a auga igualmente e concerto tamén se suspendería".
Xosé Baqueiro amosa a súa satisfacción pola "alta participación e civismo" nas Festas do Apóstolo
31/07/2007 O concelleiro de Mocidade e Festas, Xosé Baqueiro, fixo balance das Festas do Apóstolo na súa última xornada. Foron dezanove días "moi intensos", con máis de setenta actividades, marcadas pola "alta participación".
Para Baqueiro, cumpriuse o obxectivo destas festas, que era "lograr moita participación e facer un programa para todos os gustos e para turistas e composteláns". Isto cumpriuse, mesmo a pesar do tempo, que inicialmente non acompañou, especialmente no concerto de Sabina e Serrat.Os fogos de fin de festa e o tributo a Queen pechan unhas celebración que tamén destacaron polo "civismo" da xente, especialmente na noite do 24 ao 25, indicou o concelleiro. Ese día, 150.000 persoas déronse cita en Santiago, con cifras significativas como as da praza do Obradoiro (18.000), do concerto de Orishas na Quintana (6.000) ou da Alameda (10.000 persoas).