PROMOCIÓN ECONÓMICA
Nesta liña de potenciación deste sector tamén está a elaboración dun estudio de necesidades formativas, dunha guía de recursos formativos e dun catálogo de cursos e plan de asesoramento asociativo dentro do Plan de Excelencia Comercial. Tamén se adxudicou unha asistencia técnica para este fin, cun investimento de 24.800 euros.
Unha marca para o comercio compostelán
30/07/2007 O Goberno local adxudicou unha asistencia técnica para o desenvolvemento da actividade de creación da marca do comercio compostelán, por un importe de 22.000 euros. A finalidade deste proxecto é sentar as pautas para a xestión óptima deste recurso, de xeito que permita visualizar a estratexia corporativa do comercio da cidade.
Esta marca sintetizarase nun logotipo que integrará aqueles símbolos, cores ou formas que permitan a identificación e diferenciación doutras fórmulas comerciais. En definitiva, diferenciará no mercado produtos e servizos do comercio compostelán.Nesta liña de potenciación deste sector tamén está a elaboración dun estudio de necesidades formativas, dunha guía de recursos formativos e dun catálogo de cursos e plan de asesoramento asociativo dentro do Plan de Excelencia Comercial. Tamén se adxudicou unha asistencia técnica para este fin, cun investimento de 24.800 euros.