DEPORTES E SEGURIDADE
Por outra parte, acórdase a colaboración prestada polo Departamento de Seguridade Cidadá. Así, a Policía local controlará o tráfico en todo o itinerario da zona urbana, activará os oportunos desvíos e outras medidas de seguridade cidadá, tales como ambulancias, equipo de bombeiros, evacuacións, estacionamento de vehículos, necesidades en relación coa zona de menta, control de accesos ou colaboración coa caravana publicitaria. Estas actuacións presupóstanse en 14.035 euros.
Servizo de control, vixilancia e mantemento
Tamén en materia de deporte, a Xunta de Goberno iniciou o procedemento para contratar o servizo de control, vixilancia, mantemento e limpeza das instalacións deportivas municipais. O tipo de licitación é de 119.800 euros.
Este servizo afecta esencialmente aos campos de fútbol de Cancelas e Santa Isabel e ao pavillón polideportivo Lorenzo de la Torre.
Visto bo ás obrigas municipais para a chegada a Santiago da Volta Ciclista a España
30/07/2007 O 2 de setembro remata en Santiago unha etapa da Volta Ciclista a España 2007. Por este motivo, o Goberno local aprobou o convenio que se subscribirá entre o Concello e a Fundación Deporte Galego, no que se determinan as obrigas municipais en relación ao evento.
O Concello, a través do Departamento de Deportes prestará unha serie de despachos e unha sala de prensa a disposición da organización. Para iso, poderíase dispor do Pavillón Polideportivo de Vite. A cantidade achegada para este fin será de 13.000 euros.Por outra parte, acórdase a colaboración prestada polo Departamento de Seguridade Cidadá. Así, a Policía local controlará o tráfico en todo o itinerario da zona urbana, activará os oportunos desvíos e outras medidas de seguridade cidadá, tales como ambulancias, equipo de bombeiros, evacuacións, estacionamento de vehículos, necesidades en relación coa zona de menta, control de accesos ou colaboración coa caravana publicitaria. Estas actuacións presupóstanse en 14.035 euros.