CULTURA
Ademais, o Museo seguirase responsabilizando dos contactos cos centros seleccionados no Proxecto didáctico Antonio Fraguas, con vistas ao desenvolvemento dos traballos da cuarta edición, para a súa exposición en outono.
No acto de sinatura do convenio, Néstor Rego aproveitou para felicitar a Isaac Díaz Pardo pola recente entrega da Medalla de Ouro de Galicia e agradeceulle a disposición do Museo a todo tipo de colaboración co Concello. A próxima será a VII Bienal de Pintura do Eixo Atlántico.
O Concello e o Museo do Pobo Galego colaborarán en diversos obradoiros e actividades
30/07/2007 O concelleiro de Cultura, Néstor Rego, e o presidente do Padroado do Museo do Pobo Galego, Isaac Díaz Pardo, asinaron un convenio que fixa a colaboración en diversas actividades específicas de salvagarda da cultura galega . O Concello achegará 10.000 euros.
Grazas a este acordo realizarase unha serie de obradoiros no Entroido e no verán, ou unha actividade dirixida a estudantes universitarios centrada no patrimonio arquitectónico, que se celebrará en febreiro ou marzo. Tamén se contempla a posta en marcha dunha mostra de cestería en primavera, dun obradoiro de arqueoloxía no verán e da presentación dun documental sobre a arquitectura industrial en Vigo.Ademais, o Museo seguirase responsabilizando dos contactos cos centros seleccionados no Proxecto didáctico Antonio Fraguas, con vistas ao desenvolvemento dos traballos da cuarta edición, para a súa exposición en outono.