ALCALDÍA
Os 119 espazos costeiros distinguidos repártense entre 40 municipios galegos, cinco máis que en 2006, e suman unha lonxitude aproximada de 36 quilómetros, case un 10% dos 368 quilómetros premiados en todo o Estado. Galicia recibiu 18 bandeiras azuis máis que no pasado ano.
Por provincias, a da Coruña sitúase a cabeza en distintivos con 51, dez máis que o ano pasado. A continuación, está Pontevedra, con 4 bandeiras máis que en 2006, que conta cun total de 46; e, por último, está a provincia de Lugo, con 22 distintivos, 3 máis que o exercicio anterior.
A bandeira azul avala que un areal ou porto cumpre cuns determinados criterios de accesibilidade, sanidade, limpeza e seguridade e que conte cunha información e xestión ambiental axeitadas. A campaña da bandeira azul desenvólvese actualmente en 52 estados dos 5 continentes. Galicia é, entre todas as comunidades dos países participantes, a que conta con máis praias e portos galardoados.
Compostela foi escenario da entrega das 127 bandeiras azuis de Galicia
27/06/2007 O Hostal dos Reis Católicos acolleu o acto de entrega das 127 bandeiras azuis con que foi premiada Galicia pola Fundación para a Educación Ambiental. 119 praias e 8 portos recibiron este distintivo, o que converte á nosa Comunidade Autónoma na máis premiada de España pola calidade das augas do seu litoral.
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asistiu a este acto de entrega aos concellos premiados, presidido polo titular da Xunta, Emilio Pérez Touriño e ao que tamén acudiu o concelleiro de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostíbel, Manuel Vázquez, entre outras autoridades.Os 119 espazos costeiros distinguidos repártense entre 40 municipios galegos, cinco máis que en 2006, e suman unha lonxitude aproximada de 36 quilómetros, case un 10% dos 368 quilómetros premiados en todo o Estado. Galicia recibiu 18 bandeiras azuis máis que no pasado ano.