REURBANIZACIÓN DO ENSANCHE
As obras desenvolveranse durante un prazo de catro meses co obxecto de compatibilizar no posíbel a súa execución co mantemento do tráfico nesta zona, aínda que o concelleiro advertiu que en momentos puntuais poidese ser necesario proceder a cortes temporais. A primeira das medidas adoptadas para o arranque destas obras supón a prohibición de estacionar na rúa Fernando III El Santo, no tramo comprendido entre as rúas República Arxentina e A Rosa, a partir do 1 de xuño.
Bernardino Rama anunciou tamén que unha vez rematadas estas actuacións a próximas obra que se executará será a reurbanización de Frei Rosendo Salvado ata o cruce con Romero Donallo. Explicou tamén que as obras actuais poderían rematar xa entrado o próximo ano, a fin de evitar a simultaneidade de obras, coas conseguintes molestias para os veciños
Desde o ano 1999, coa reurbanización da rúa Alfredo Brañas, ata agora, máis da mitade da superficie do Ensanche foi reurbanizada nunha serie de actuacións progresivas nas que a previa construcción de aparcamentos (Rosa, Romero Donallo, etcétera) permitiu a recuperación dun espazo escaso que devolvese o protagonismo ao cidadán.
Á rúa Alfredo Brañas seguirona Ponte Castro, A Rosa, Romero Donallo, Santiago del Estero, Feáns e as rúas da Rosaleda. O Concello adxudicou tamén as obras de reurbanización das dúas mazás de Frei Rosendo Salvado comprendidas entre o cruce con Ramón Cabanillas e o cruce coa Avenida Romero Donallo e a reurbanización da mazá da rúa República do Salvador, comprendida entre Alfredo Brañas e Xeneral Pardiñas, actuacións que supoñen un investimento superior a 1.100.000 euros.
Segundo explicou Rama, o Concello programa coordenadamente o desenvolvemento destas actuacións procurando causar, na medida do posible, os menores prexuizos aos cidadáns e comerciantes da zona.
Comenzan as obras de reurbanización das rúas Fernando III el Santo e Ramón Cabanillas
31/05/2005 Máis de 900.000 euros invertirá o Concello de Santiago na reurbanización das rúas Fernando III El Santo e Ramón Cabanillas que comezará a executarse a partir do mércores, 1 de xuño.
Despois dunha pausa que amortiguara a saturación de obras no Ensanche, "un merecido descanso para os veciños" en palabras do concelleiro de Infraestruturas, Bernardino Rama, continúa o proceso de reurbanización da zona máis populosa da cidade. As rúas Fernando III El Santo e Ramón Cabanillas son agora obxecto dunha intervención que terá os mesmos criterios urbanísticos que os aplicados no seu momento en Xeneral Pardiñas: recuperar espazo de uso peonil, soterrar a recollida do lixo, instalar bolardos e renovar na súa totalidade o mobiliario urbano.As obras desenvolveranse durante un prazo de catro meses co obxecto de compatibilizar no posíbel a súa execución co mantemento do tráfico nesta zona, aínda que o concelleiro advertiu que en momentos puntuais poidese ser necesario proceder a cortes temporais. A primeira das medidas adoptadas para o arranque destas obras supón a prohibición de estacionar na rúa Fernando III El Santo, no tramo comprendido entre as rúas República Arxentina e A Rosa, a partir do 1 de xuño.