AUDITORIO DE GALICIA
De todas as sinfonías brucknerianas, a oitava é a máis monumental, un inmenso fresco con o que se pecha a música do século XIX. A obra é o froito de tres anos de intenso traballo: en 1884 comeza un primeiro boceto que termina en 1885; a partitura foi rematada en San Florián durante o verán de 1887. Bruckner proxectou entón dar a obra en público cara finais dese ano, pero desgraciadamente o director de orquestra Hermann Levi, que levara a Sétima cara o triunfo, non aprecia a nova obra. Entón o compositor, volve a revisar non soamente a Oitava, senón tamén a Terceira e finalmente a Primeira. Por esto no poderá rematar a Novena. Existen, pois, dúas versións da Oitava sinfonía: a de 1884-1887 e outra cuxa revisión se rematou en marzo de 1890. Entre elas hai notábeis diferencias: en canto a instrumentación e aos movementos.
A primeira versión non se editou ata 1973, por Nowak. A versión "definitiva" foi publicada polo mesmo Nowak despois de 1959. Sen embargo Robert Haas publicara a súa propia edición da Oitava sinfonía tendo en conta a redacción definitiva de 1890. Hoxe hai, pois, dúas edicións da versión "definitiva" e as dúas se reparten o favor dos intérpretes: "Haas", un pouco máis longa, "Nowak" un pouco máis curta. É a versión de 1890 autentificada polo músico (versión Nowak) como a Oitava sinfonía –adicada ao emperador de Austria Francisco-José I- foi estreada o 18 de decembro de 1892 en Viena, baixo a dirección de Hans Richter. Foi aclamada e unanimemente eloxiada.
O número de músicos que interpretan esta sinfonía nunca se alcanzaran, excepto en Berlioz e só Mahler, no terreo específicamente sinfónico, os sobrepasará máis tarde.
Escola de Altos Estudos Musicais
A posta en marcha da Escola de Altos Estudos Musicais de Galicia no curso 1997-98 supuxo a culminación do proxecto formativo da Xunta de Galicia no ámbito da música culta. A súa creación responde, así mesmo, á ineludíbel oportunidade de articular un centro de formación musical vinculado á xa entonces existente Real Filharmonía de Galicia, orquestra profesional con sede no Auditorio de Galicia en cuxo nacemento concorreron a Xunta e o Consorcio de Santiago de Compostela. A Escola permitía, deste xeito, investir parte do potencial dos destacados músicos desta orquestra na formación e perfeccionamento de futuros profesionais galegos, así como na organización de diferentes actividades de divulgación musical.
O equipo directivo da Escola de Altos Estudos Musicais –xestionada pola Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, a través do IGAEM (Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais)– está encabezado polo director da Real Filharmonía de Galicia, Antoni Ros Marbà. A maior parte dos profesores, xunto cos que imparten as clases de música de cámara, son tamén membros da Real Filharmonía. Pero o centro conta, ademais, coa colaboración doutros recoñecidos profesionais da música ao máis alto nivel que, en calidade de profesores convidados, comparten a súa experiencia cos alumnos nos diferentes cursos e encontros que se organizan durante cada período lectivo.
O programa formativo da Escola inclúe igualmente a celebración de diferentes concertos públicos protagonizados polos alumnos, ben como intérpretes solistas, ben en conxuntos de cámara ou como membros da Orquestra da Escola de Altos Estudos Musicais. Neste sentido, a consolidación desta orquestra de alumnos é un dos retos do centro, a través do deseño dun programa de xiras e concertos baixo a batuta de recoñecidos directores, que previamente realizan un importante traballo cos estudantes nas sesións de práctica orquestral.
Ros Marbá dirixe á Real Filharmonía e a Escola de Altos Estudos Musicais
31/05/2005 Dentro do ciclo dos Concertos de Abono, a Real Filharmonía de Galicia e a Escola de Altos Estudos Musicais ofrecerán un concerto no Auditorio de Galicia o xoves 2 de xuño ás 21 horas. Estas formacións, baixo a dirección do mestre de ambas formacións Antoni Ros Marbà, interpretarán a obra de A. Bruckner, Sinfonía nº 8.
Uns noventa músicos en total estarán sobre o escenario para interpretar a obra de A. Bruckner, Sinfonía nº 8 (versión 1890, revisión L. Nowak).De todas as sinfonías brucknerianas, a oitava é a máis monumental, un inmenso fresco con o que se pecha a música do século XIX. A obra é o froito de tres anos de intenso traballo: en 1884 comeza un primeiro boceto que termina en 1885; a partitura foi rematada en San Florián durante o verán de 1887. Bruckner proxectou entón dar a obra en público cara finais dese ano, pero desgraciadamente o director de orquestra Hermann Levi, que levara a Sétima cara o triunfo, non aprecia a nova obra. Entón o compositor, volve a revisar non soamente a Oitava, senón tamén a Terceira e finalmente a Primeira. Por esto no poderá rematar a Novena. Existen, pois, dúas versións da Oitava sinfonía: a de 1884-1887 e outra cuxa revisión se rematou en marzo de 1890. Entre elas hai notábeis diferencias: en canto a instrumentación e aos movementos.