O Concello de Santiago recolle alimentos e outro material de primeira necesidade para as persoas afectadas pola DANA
01/11/2024 O Concello de Santiago, atendendo á solicitude realizada a través da Federación Española de Municipios e Provincias e en coordinación coa propia FEMP e a Federación Valenciana de Municipios y Provincias, iniciará esta tarde a recollida de produtos de primeira necesidade para o seu envío ás localidades afectadas pola DANA.
A recollida realizarase nas dependencias de Protección Civil, no estadio municipal Vero Boquete de San Lázaro. Esta tarde poderase facer entrega das doazóns en horario de 18.00 a 21.00 horas, e o horario previsto para mañá será de 10.00 a 14.00 e de 17.00 a 21.00 horas.Atendendo ás recomendacións da FEMP, demándanse os seguintes produtos: leite, auga, alimentos non perecedoiros, biberóns, cueiros, palas e botas de auga, calcetíns, produtos de hixiene persoal e sacos de durmir.
O Concello de Santiago chama á veciñanza a colaborar con esta recollida, e mostra, unha vez máis, a dor polo acontecido, o pésame aos familiares das persoas falecidas, e a solidariedade con todas as persoas afectadas pola DANA