PROMOCIÓN ECONÓMICA
A celebración da Asamblea Xeral de REDEL en Tenerife completouse cun foro baixo o título "Futuro Urbano: Estratexias de Innovación e Colaboración", no que se abordaron as transformacións que están vivindo as cidades e as estratexias innovadoras necesarias para adaptarse ás novas realidades económicas e sociais. Neste sentido, púxose o foco na colaboración como elemento clave neste proceso, tanto entre entidades públicas e privadas como entre as distintas administracións e territorios.
A Rede de Entidades de Desenvolvemento Local naceu no ano 2007 como resposta á necesidade de colaborar entre axencias locais para ampliar os coñecementos adquiridos pola experiencia de cada entidade socia e desenvolver proxectos conxuntos. As 36 entidades asociadas a REDEL, entre elas a Oficina de Promoción Económica de Santiago, ofrecen os seus servizos a un total de 1960 municipios, cunha poboación que supera os 23 millóns de habitantes.
A Rede de Entidades de Desenvolvemento Local, da que forma parte Santiago, celebra a súa Asamblea Xeral en Tenerife
31/10/2024 A Rede de Entidades de Desenvolvemento Local, REDEL, vén de celebrar a súa Asamblea Xeral en Santa Cruz de Tenerife. Na xuntanza aprobouse o plan de xestión e o orzamento da entidade para o novo exercicio.
REDEL conta xa con 36 entiddes asociadas, despois de que a Asamblea aprobara a incorporación do concello de Arona. Ademais, o municipio de La Laguna manifestou tamén o seu interese por incorporarse á Rede de Entidades de Desenvolvemento Local.A celebración da Asamblea Xeral de REDEL en Tenerife completouse cun foro baixo o título "Futuro Urbano: Estratexias de Innovación e Colaboración", no que se abordaron as transformacións que están vivindo as cidades e as estratexias innovadoras necesarias para adaptarse ás novas realidades económicas e sociais. Neste sentido, púxose o foco na colaboración como elemento clave neste proceso, tanto entre entidades públicas e privadas como entre as distintas administracións e territorios.