ALCALDÍA

A corporación municipal suspende o pleno e súmase ao loito polas víctimas da DANA

30/10/2024 A corporación municipal de Santiago de Compostela suspendeu o pleno previsto para este xoves, 31 de outubro, e súmase ao loito oficial de tres días polas víctimas da DANA que afectou ás comunidades de Valencia, Andalucía e Castilla-A Mancha.

Na tarde deste mércores, a alcaldesa citou de urxencia aos voceiros dos grupos políticos no Pazo de Raxoi e acordaron a suspensión da sesión plenaria.

Ademais, a praza do Obradoiro acolleu este mediodía un minuto de silencio como mostra de pesar pola dramática situación que afectou á estes territorios nas últimas horas.

Minuto de silencio

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, participou no acto, ao que tamén se sumaron outros/as integrantes da Corporación e membros do persoal municupla. O minuto pechouse cun aplauso.

O Concello de Santiago pretende con este minuto de silencio homenaxear ás vítimas mortais e trasladar o seu apoio e cariño ás súas familias e ás persoas que se viron afectadas polos efectos da DANA que castigaron as provincias de Albacete, Cuenca e Comunidade Valenciana no día de onte.

A alcaldesa de Santiago trasladou, en declaracións aos medios, a solidariedade con todas as persoas afectadas pola DANA, os gobernos e as administraciónas.

Tamén destacou o esforzo de todos os corpos de seguridade que traballan para restablecer a normalidade e manifestou o desexo de que atopen as persoas desaparecidas.

Compartir: