DEREITOS E SERVIZOS SOCIAIS
María Rozas explicou que "estes bos datos son posibles grazas á aposta decidida que fixo o Goberno polo Servizo de Axuda no Fogar, que incrementou o seu orzamento dos 3,6 millóns de euros anuais do anterior contrato aos 6,3 millóns de euros do contrato en vigor". Desta maneira, pódense prestar anualmente preto de 270.000 horas de servizo.
Ademais, na reunión abordáronse estratexias para dinamizar o Consello Municipal de Persoas Maiores, a través da constitución de grupos de traballo, e anunciouse que a concellaría de Dereitos e Servizos Sociais está a traballar na organización dunha xornada de debate sobre soidade non desexada. Ademais, analizáronse as achegas que foron remitidas polas diferentes entidades que fan parte do Consello, que presentaron propostas relativas á posta en marcha de actividades de envellecemento activo ou dun proxecto de traballo comunitario no Ensanche, ou á instalación de buzóns para a recollida de suxestións na rede de Centros Socioculturais.
No Consello Municipal de Persoas Maiores participaron representantes da Plataforma de Pensionistas Compostela, Cáritas Diocesana, a Fundación Down Compostela, Cruz Vermella, a Federación de Asociacións Veciñais do Rural (FERUSA), a asociación Compostela Solidaria, a Asociación Galega de Axuda aos Enfermos tipo Alzheimer (AGADEA), a Asociación de Loita contra as enfermidades do ril da Coruña (ALCER), a Asociación Internacional Teléfono de la Esperanza, a Plataforma SOS Sanidade pública, a Asociación Cultural da Saúde Natural (ASSANA), a Asociación Cultural Galega de Formación Permanente de Adultos (ATEGAL) e o sindicato UGT. Tamén estiveron representados todos os grupos da Corporación Municipal.
O Consello Municipal de Persoas Maiores quedou constituído en xaneiro de 2022, co obxectivo de impulsar medidas dirixidas a lograr un envellecemento activo e mellorar a vida das persoas maiores de Compostela. Entre as súas funcións están as de promover a realización de estudos sobre a situación das persoas maiores no municipio de Santiago, cuxos resultados sirvan de base para propostas de actuación; potenciar a participación das persoas maiores nos asuntos municipais; fomentar o asociacionismo e prestar apoio e a asistencia; propoñer a adopción de medidas dirixidas a eliminar os obstáculos que dificultan a integración real e efectiva da veciñanza maior; ou impulsar a colaboración e cooperación entre asociacións e entidades, públicas ou privadas, para que desenvolvan actuacións para a promoción das persoas maiores.
María Rozas fai balance do funcionamento do SAF no Consello Municipal de Persoas Maiores: "Conseguimos acabar coas listas de agarda"
29/10/2024 A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, presidiu esta tarde a reunión do Consello Municipal de Persoas Maiores. Na xuntanza, a tenenta de alcaldesa deu conta do funcionamento dos diferentes servizos municipais do que é usuario o colectivo, especialmente o Servizo de Axuda no Fogar.
A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude avaliou no Consello Municipal de Persoas Maiores a situación actual do Servizo de Axuda no Fogar, tras a entrada en vigor do novo contrato o 1 de xuño. María Rozas explicou que, no que levamos de ano, o SAF sumou 714 persoas usuarias, das que 530 son usuarias na modalidade de dependencia e 184 na modalidade de libre concorrencia. Desta maneira, salientou a tenenta de alcaldesa, "na actualidade non temos lista de agarda na modalidade de libre concorrencia, mentres que na modalidade de dependencia, que actualiza semanalmente a Xunta, a media de persoas en situación de espera é de entre 8 e 10, fronte ás 140 que tiñamos no verán de 2023".María Rozas explicou que "estes bos datos son posibles grazas á aposta decidida que fixo o Goberno polo Servizo de Axuda no Fogar, que incrementou o seu orzamento dos 3,6 millóns de euros anuais do anterior contrato aos 6,3 millóns de euros do contrato en vigor". Desta maneira, pódense prestar anualmente preto de 270.000 horas de servizo.