CAPITAL CULTURAL
A Concelleira de Capital Cultural Míriam Louzao presentou esta mañá a programación nunha rolda de prensa na que tamén participou a coordinadora das xornadas, Gemma Sesar. Louzao puxo en valor esta iniciativa "que volverá reunir en Santiago artistas da ilustración de moi diversas procedencias para que compartan as súas experiencias e proxectos e fagan da nosa cidade a protagonista dos seus cadernos de viaxe".
Gemma Sesar agradeceu ao Concello e a Deputación da Coruña o apoio a este encontro internacional de debuxantes que este ano convida ás persoas artistas a coñecer o patrimonio da Universidade de Santiago de Compostela, abríndolles as portas dos seus espazos singulares para que os retraten e o difundan nos seus cadernos. Tras agradecer tamén a colaboración da USC nesta edición, Sesar puxo en valor a oportunidade que as Xornadas brindan de se achegar ao proceso creativo das e dos artistas, á maneira na que cadaquén se enfronta á páxina en branco.
Cara a ese fin, as Xornadas de Ilustración Urbana 2024 programan sete intervencións que se desenvolverán nas tardes do venres 8 e do sábado 9 con acceso de balde para toda a cidadanía e visitantes de Compostela. A ilustradora polaca Iwona Flaszczynska será a encargada de abrir esta serie de conferencias con Da observación á interpretación. A seguir, o ilustrador francés Pierre Amoudry conducirá o público a través dunha Viaxe polas cores e pechará as conferencias do venres o estadounidense Alán Ramiro con Cando ti transformas, a túa arte tamén se transforma.
A artista valdoviñesa Blanca Escrigas abrirá as sesións do sábado cunha conferencia arredor do Muralismo Ilustrado. A continuación, o catalán Daniel Pagáns afondará no seu proceso creativo na intervención Os meus cadernos. Os meus camilos. Seguirá o creador murciano Nacho Muñoz cunha Viaxe a través da acuarela e pechará as Xornadas o ilustrador lisboeta João Catarino cunha intervención arredor do claro, o difuso e o baleiro.
No transcurso das dúas xornadas, Blanca Escrigas elaborará en directo un mural de 2x2 metros no corredor do Auditorio.
A Universidade debuxada en cadernos de viaxe
Ademais das Xornadas de Ilustración Urbana, abertas á cidadanía compostelá e ás persoas visitantes, o sétimo Encontro Internacional de Cadernos de Viaxe Compostela Ilustrada ofrece do 7 ao 10 de novembro actividades específicas para 120 ilustradoras e ilustradores que esgotaron no mes de xullo as prazas dispoñibles. Baixo o lema ‘Volver á Universidade’ esta nova edición retratará edificios históricos da USC como o Pazo de Fonseca, o Colexio de San Xerome que abeira a Reitoría, as Facultades de Medicina e de Xeografía e Historia ou a Igrexa da Compañía. As persoas participantes no encontro achegaranse tamén aos espazos abertos, residencias e facultades do Campus Vida alén doutros edificios ligados á institución como a Casa Europa ou o Museo de Historia Natural.
Afondar na arte do debuxo coas Xornadas de Ilustración Urbana
29/10/2024 Do 7 ao 10 de novembro, o 7º Encontro Internacional de Cadernos de Viaxe Compostela ilustrada reúne en Santiago debuxantes e artistas da ilustración nun intenso programa de obradoiros e clases maxistrais. Nese contexto, as Xornadas de Ilustración Urbana arrancan o venres 8 dúas tardes consecutivas de faladoiros con profesionais do eido para achegar á cidadanía e aos visitantes o seu proceso creativo
A Sala Mozart do Auditorio de Galicia acollerá dende o venres 8 de novembro ás 16.00 horas unha nova edición das Xornadas de Ilustración Urbana, un programa de conferencias de acceso de balde da man de artistas do debuxo e a ilustración que se desenvolve no marco do 7ª Encontro Internacional de Cadernos de Viaxe Compostela ilustrada.A Concelleira de Capital Cultural Míriam Louzao presentou esta mañá a programación nunha rolda de prensa na que tamén participou a coordinadora das xornadas, Gemma Sesar. Louzao puxo en valor esta iniciativa "que volverá reunir en Santiago artistas da ilustración de moi diversas procedencias para que compartan as súas experiencias e proxectos e fagan da nosa cidade a protagonista dos seus cadernos de viaxe".