PXOM
A colocación duns paneis cos planos de ordenación e cos planos de xestión da cidade, implica, segundo se reflicte na Memoria, a contratación dunha empresa que os elabore e que os monte, un electricista e un pintor. Así mesmo, contrataranse dúas azafatas para que asistan a quen o precise na sala de exposicións do Plan Xeral e garantan a orde nas consultas que os cidadáns realizarán aos técnicos municipais. Por último, editaranse 3.000 dvd´s que conterán a normativa urbanísticas e os planos do PXOM. A publicidade do plan completarase con cartelería e trípticos informativos.
Coa posta en marcha destas medidas, desde o Concello espérase que o cidadán teña unha visión o máis próxima posíbel de como se vai transformar Compostela os vindeiros anos. Prevese que o orzamento dos gastos con motivo da exposición pública da revisión do Plan Xeral de ordenación municipal ascende a 30.600 euros.
Aprobada a Memoria dos traballos a realizar durante a exposición pública do PXOM
30/05/2005 A Xunta de Goberno acordou aprobar a Memoria dos traballos que se realizarán durante a exposición pública da revisión do Plan de Ordenación Municipal, na que se fai unha estimación presupostaria de 30.600 euros.
O Documento de Tramitación da Revisión do Plan de Ordenación Municipal proposto polo goberno municipal estará exposto ao público no Pazo de Fonseca desde a súa publicación no Diario Oficial de Galicia ata o 31 de xullo de 2005. De luns a venres haberá horario de mañá e tarde: de 10 a 14 horas e de 17 a 20 horas, e os sábados será accesíbel de 10 a 14 horas. Así mesmo, de luns a venres pola mañá, haberá dous ou tres técnicos municipais da área de Urbanismo, que atenderán persoalmente as consultas técnicas dos cidadáns.A colocación duns paneis cos planos de ordenación e cos planos de xestión da cidade, implica, segundo se reflicte na Memoria, a contratación dunha empresa que os elabore e que os monte, un electricista e un pintor. Así mesmo, contrataranse dúas azafatas para que asistan a quen o precise na sala de exposicións do Plan Xeral e garantan a orde nas consultas que os cidadáns realizarán aos técnicos municipais. Por último, editaranse 3.000 dvd´s que conterán a normativa urbanísticas e os planos do PXOM. A publicidade do plan completarase con cartelería e trípticos informativos.
Coa posta en marcha destas medidas, desde o Concello espérase que o cidadán teña unha visión o máis próxima posíbel de como se vai transformar Compostela os vindeiros anos. Prevese que o orzamento dos gastos con motivo da exposición pública da revisión do Plan Xeral de ordenación municipal ascende a 30.600 euros.