XUNTA DE GOBERNO
Míriam Louzao recordou que "o orzamento inicial destinado a esta convocatoria era de 38.000 euros cun límite máximo de 5.000 euros por asociación" e detallou que "houbo sete solicitudes e en todos os casos o importe a conceder coincide co solicitado".
Ao respecto da proposta de concesión de axudas de apoio a actividades culturais para o sector profesional, o Concello concederá este ano unha contía total de 250.000 euros que se distrubuirán entre 15 entidades: 45.000 euros para Nordesía Produccions SL; 42.000 euros para Music Art Rey Saavedra SC; e 15.000 euros para Títeres Cachirulo SL, Correveydile SL, A Xanela do maxín, Rafael Rey Domech, a Fundación Dardo Instituto de Deseño e das Artes contemporáneas, Magia en la manga S. Coop. Galega e Holanola Fest SL. Tamén recibirán axudas Noente Paradise SL (25.185,92 euros), Performa, S. Coop. Galega (10.858,40 euros), José Antonio Coucheiro Failde (7.030,40 euros), Luís Vallecillo González (8.588 euros), María Asunción Rodríguez Rodríguez (4.837,28 euros) e Numax, S. Coop. Galega (1.500 euros).
Como novidade este ano, a convocatoria dividiuse en dúas modalidades: a modalidade A, para festivais de música e artes escénicas, cun importe máximo de 45.000 euros por evento, e a modalidade B, para as restantes actividades cun importe máximo de 15.000 euros. A voceira do Goberno municipal detallou que "no caso dos festivais, subvencionamos tres eventos, mentres que sea apoiaron 12 propostas nas modalidade doutro tipo de actividades".
Míriam Louzao tamén salientou a importancia destas axudas xa que "a cultura é un dereito e tamén un elemento para o fomento da diversidade" e avogou pola colaboración "para que entre todos e todas constrúamos esta Compostela orgullosa de si, diversa e capital cultural".
Axudas para programas e actividades en prol da igualdade
A Xunta de Goberno tamén deu luz verde nunha sesión extraordinaria da pasada semana á proposta de resolución para a concesión de subvencións por un valor total de 26.569,26 euros para o fomento de programas e actividades en prol da igualdade efectiva entre mulleres e homes e das persoas do colectivo lésbico, gay, bisexual, transexual, intersexual e queer (LGBTIQ+) das que se beneficiarán un total de 11 entidades.
En concreto, recibirán axudas: Arelas. Asociación De Familias De Menores Trans para o proxecto "Diva: Programa De Diversidade, Inclusión E Valores" (2.800 euros), a Asociación de Empresas de Insercción De Galicia (Aeiga) para o "Programa XI Muller En Igualdade" (2.800 euros), a Asociación de Mulleres con Discapacidade De Galicia (Acadar) co "Proxecto Recréate. 6º Edición" (2.586,66 euros), o Club de Hockey Raxoi para as "VII Xornadas de Tecnificación e Empoderamento Feminino a través fo Hockey A Patíns Feminino" (2.800 euros), a Asociación Plataforma Polo Emprego para a "Programa Acaroar" (2.800 euros), a Asociación Arrainas para a "Programa: Mulleres na raia" (2.800 euros), a Rede educativa de apoio LGTBIQ de Galicia para o "III Congreso Educativo LGBTIQ+ De Galicia" (1.802,60 euros), Asociación AVANTE LGTBI para as "actividades 2024 AVANTE LGTBI" (1.300,00 euros), a Asociación de Empregadas do Fogar - Xiara para o "Programa Achégate A Nós" (1.500 euros), o Sindicato Labrego Galego para o "Programa: Nin un paso atrás nos nosos dereitos" (2.580 euros) e a Fundación Amigos De Galicia para "Tecendo Con Fíos De Cores" (2.800 euros).
Luz verde ás axudas no ámbito cultural para as asociacións e para actividades do sector profesional
30/09/2024 A Xunta de Goberno Local deu hoxe o visto e prace á proposta de concesión de subvencións a asociacións culturais por un importe total de 24.146,74 euros e das axudas para actividades culturais do sector profesional, por 250.000 euros. O executivo municipal tamén deu luz verde a pasada semana á proposta de resolución para a concesión de subvencións para o fomento de programas e actividades en prol da igualdade efectiva entre mulleres e homes e das persoas do colectivo lésbico, gay, bisexual, transexual, intersexual e queer (LGBTIQ+) por un importe total de 26.569,26 euros.
A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe a concesión de subvencións a seis asociacións culturais por un total de 24.146,74 euros. As entidades beneficiarias foron: a Nova Escola Galega con 5.000 euros, a Asociación Merenda creativa con 3.696 euros, a Asociación medioambiental e cultural A pedra que fala con 1.450,74 euros, a Asociación Cultural Barriga Verde con 5.000 euros, a Federación galega de Bandas de música populares con 5.000 euros e a Asociación deportivo cultural Capoeira Angola con 4.000 euros.Míriam Louzao recordou que "o orzamento inicial destinado a esta convocatoria era de 38.000 euros cun límite máximo de 5.000 euros por asociación" e detallou que "houbo sete solicitudes e en todos os casos o importe a conceder coincide co solicitado".