PROMOCIÓN ECONÓMICA
Mesas de debate
Ao longo da xornada, celebráronse diferentes mesas de debate e charlas para reflexionar sobre a economía feminista desde diferentes ópticas. Así, participaron as influencers galegas Leticia Miraz (Leti da taberna) e Sara Seco, a experta en igualdade e xénero Priscila Retamozo, a psicóloga Lucía Álvarez, a xefa de traballo social da Área Sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos, Isabel Sánchez, a profesora de Antropoloxía Social e Cultural da USC Guadalupe Jiménez, o formador Marcos Saavedra e a docente en pensamento creativo Paz Picallo.
A economía feminista e dos coidados a debate na VI Feira de Outono das Emprendedoras de Compostela
27/09/2024 O centro sociocultural Maruxa e Coralia acolle hoxe a VI Feira de Outono das Emprendedoras de Compostela, unha iniciativa impulsada pola Concellaría de Promoción Económica e o programa Woman Emprende da Universidade de Santiago. Nesta edición, a xornada centrouse na economía feminista e dos coidados.
A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, e a delegada do reitor para a Igualdade da USC, Sonia Rodríguez, foron as encargadas de inaugurar a Feira. A tenenta de alcaldesa salientou a importancia de "falar dos coidados en termos económicos, indo un paso máis alá porque o habitual é falar de conciliación dun punto de vista máis individual e como se esta fora unha problemática do ámbito privado cando debera ser un asunto de Estado". María Rozas incidiu en que "hai que poñerlle números aos coidados, valorar o seu custo, cuantificar as remuneracións que deberan percibir pero non perciben as mulleres que coidan, e as que perciben os homes, e deixarían de percibir se tiveran que ocuparse dos coidados". A concelleira tamén reiterou o seu convencemento de que "avanzar cara un modelo económico máis xusto esixe dunha mirada feminista, e alí onde se promova, como nesta Feira, estará a Concellaría".Mesas de debate