ALCALDÍA

Goretti Sanmartín destaca a aposta pola diversidade cultural no encontro de profesionais MATE, dentro do Festival Maré

27/09/2024 A alcaldesa de Santiago destacou a importancia do festival como espazo multidisciplinario onde conectan linguas e culturas.

Goretti Sanmartín asistiu hoxe ao encontro de profesionais MATE, dentro da programación do Festival Maré, co que colabora o Concello de Santiago. O encontro tivo lugar na sede da Fundación Ria.

A alcaldesa de Santiago destacou a importancia de Maré como "espazo multidisciplinario onde conectan linguas e culturas" e destacou a aposta do goberno local pola diversidade lingüística e cultural e a creación ligada ao territorio.

No encontro participaron un total de 40 persoas entre as que se inclúen programadores/as, directores/as de festivais, axentes... de diversas partes do mundo. Entre elas, Portugal, Brasil, México, India, Italia e un longo etcétera.

Sanmartín recordou a orixe do festival da man da artista galega Uxía e destacou o carácter do festival como lugar de encontro para o diálogo cultural. "O Maré reafirma unha proximidade que as políticas lingüísticas do pasado trataron de erosionar, pero que segue viva", afirmou a alcaldesa de Santiago.

Compartir: