TURISMO
No 2023 o turismo xaponés viviu un gran crecemento no conxunto do Estado, cunha forte recuperación respecto do 2022 e os anos previos da pandemia. Así, segundo os datos de Turespaña, viñeron máis de 300.000 persoas do país nipón, un 150% máis que o ano anterior. Ademais, as previsións cara os vindeiros anos son moi boas.
Turismo de Santiago aproveitará a sua participación na Jata para dirixirse a outros mercados asiáticos estratéxicos para Compostela, ademáis do xaponés. Por exemplo, ao mercado coreano, que cada vez ten máis importancia para a cidade. No 2023 as Compostelas entregadas a persoas procedentes de Corea foron 7.563, situando ao país como o noveno con maior número de Compostelas.
A entidade de xestión turística municipal participa na Jata cun mostrador propio no Stand de España. Tamén manterá múltiples reunións con profesionair do sector xaponés interesados en organizar paquetes vacacionais en Santiago. Ademáis, Turismo de Santiago xa participou nun Workshop organizado pola Oficina Española de Turismo, que se celebrou na véspera do inicio da feira e contou coa participación dos turoperadores e das axencias de viaxes máis importantes do país.
Como acción complementaria, a cidade de Tanabe, coa que Santiago leva anos colaborando, tamén asiste cun stand propio, onde se promocionan os dous camiños Patrimonio da Humanidade: o Kumano Kodo e o Camiño de Santiago e onde Santiago ten tamén un mostrador. Neste stand un dos atractivos máis destacados e o Pasaporte Dual, que se entrega a aquelas persoas que percorren ambos camiños.
Precisamente, neste mes de setembro cúmplense 20 anos da declaración do Kumano Kodo como Patrimonio da Humanidade. Compostela participou na celebración deste aniversario, que se celebrou o 23 de setembro, coa proxeción dun vídeo da alcaldesa, Goretti Sanmartín, no que destacaba o importante traballo conxunto de promoción que ambas cidades levan realizando dende hai anos.
Compostela promociónase na feira máis importante de Xapón
27/09/2024 O turista xaponés ten un gasto medio diario moi elevado, chegando aos 500 euros por persoa ao día no 2023.
Turismo de Santiago está participando na JATA, principal feira turística para o mercado xaponés, que se celebra do 26 ao 29 de setembro en Tokio. O mercado xaponés é estratéxico para Compostela xa que os seus turistas teñen un elevado gasto medio diario por persoa, chegando a situarse no 2023 en 500 euros, segundo os datos da Enquisa de Gasto Turístico, elaborada polo INE.No 2023 o turismo xaponés viviu un gran crecemento no conxunto do Estado, cunha forte recuperación respecto do 2022 e os anos previos da pandemia. Así, segundo os datos de Turespaña, viñeron máis de 300.000 persoas do país nipón, un 150% máis que o ano anterior. Ademais, as previsións cara os vindeiros anos son moi boas.