ALCALDÍA
Tamén salientou que tanto Lugo como Santiago "somos concellos que nos gusta preservar as tradicións que forman parte da nosa identidade e nosa singularidade" como o San Froilán ou o Apóstolo, ademais de ser "as dúas cidades onde máis uso da lingua galega hai". Goretti Sanmartín tamén aludiu aos retos comúns como a sustentabilidade, a conservación do patrimonio, a promoción cultural ou o benestar social e reivindicou a mellora das conexións entre as dúas vilas.
A concelleira de Cultura de Lugo, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro. destacou o San Froilán como "a gran festa do outono galego", e afirmou que "todas as galegas e galegos están convidados a vir a Lugo e descubrir tanto as nosas festas como o noso patrimonio histórico, cultural e gastronómico".
Maite Ferreiro agradeceu o convite do Concello de Santiago para dar esta promoción ao San Froilán e destacou que as festas deste ano serán "unha homenaxe á importancia de Lugo no panorama cultural galego actual", destacando á artista multidisciplinar Luz Darriba, que será a pregoeira das festas, como unha das persoas máis relevantes á hora de conseguir que a Muralla fose declarada Patrimonio da Humanidade a través do proxecto Cumulum, que este ano cumpre un cuarto de século desde o seu inicio no ano 1.999.
Ferreiro destacou a asistencia dos Pelúdez ao concello de Compostela, "as caras máis visibles do San Froilán tradicional nunhas festas que mesturan tradición e modernidade e que por primeira vez saen de Lugo para promocionar a gran festa do outono galego".
A Área de Cultura do Concello de Lugo deseña un programa de festas para chegar a todo tipo de público "buscando que todas as persoas que viven en Lugo que deciden visitarnos durante os 9 días de San Froilán sintan que as festas son súas" afirmou Maite Ferreiro, que engadiu "cada ano as festas de San Froilán contan con máis de 200 actividades entre música, eventos de rúa, programación infantil e actividades relacionadas coa cultura tradicional galega".
A alcaldesa salienta os lazos de unión entre Santiago e Lugo
05/09/2024 A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, recibiu esta mañá no Pazo de Raxoi a Rubén Arroxo, tenente de alcaldesa do Concello de Lugo, a Maite Ferreiro, concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, e aos Pelúdez, que se achegaron a Compostela co obxectivo de promocionar as festas do San Froilán 2024 que terán lugar entre o 4 e o 12 de outubro.
Tras dedicarlles unhas palabras de benvida aos visitantes, Goretti Sanmartín salientou que "temos unha historia en común con Lugo que queremos que se siga actualizando no presente" e recordou que ambas cidades foron capitais do antiguo Reino de Galicia, comparten elementos que son Patrimonio da Humanidade e están unidas polo Camiño de Santiago.Tamén salientou que tanto Lugo como Santiago "somos concellos que nos gusta preservar as tradicións que forman parte da nosa identidade e nosa singularidade" como o San Froilán ou o Apóstolo, ademais de ser "as dúas cidades onde máis uso da lingua galega hai". Goretti Sanmartín tamén aludiu aos retos comúns como a sustentabilidade, a conservación do patrimonio, a promoción cultural ou o benestar social e reivindicou a mellora das conexións entre as dúas vilas.