EDUCACIÓN
Ademais, os materiais presentados deberán ser orixinais, inéditos e estar redactados ou elaborados en lingua galega. Non poderán participar aqueles traballos que fosen premiados con anterioridade nalgunha convocatoria dos Premios Educacompostela.
Solicitudes
Os orixinais para optar aos premios deberán remitirse ou entregarse no Rexistro Xeral do Concello de Santiago (rúa do Presidente Salvador Allende núm 4, 15705, Santiago de Compostela) ata o vindeiro 20 de setembro.
Nos sobres que se entreguen non deben aparecer os nomes dos/as autores/as. Cada material ou conxunto de materiais deberá ir acompañado dun texto explicativo cun máximo de 15 páxinas que dea conta das súas características, estrutura, obxectivos, destinatarios/as, proceso de elaboración, aplicación, avaliación e resultados obtidos. É importante que todos os traballos sexan presentados baixo un pseudónimo, xa que de non ser o caso quedarían descualificados.
O 20 de setembro remata o prazo para presentarse aos Premios Educacompostela
31/08/2024 Convocados polo Concello de Santiago coa colaboración pedagóxica de Nova Escola Galega, estes premios pretenden recoñecer, promover e difundir públicamente aqueles materiais educativos que polo seu valor e interese poidan contribuír ao desenvolvemento educativo de Galicia, favorecendo a innovación, a calidade na educación e a renovación pedagóxica. O traballo gañador percibirá 1.200 euros, o segundo clasificado 900 e o terceiro 600 euros. O prazo de presentación de orixinais rematará o 20 de setembro de 2024.
A XV edición dos Premios Educacompostela de recursos educativos en prol da innovación, da calidade educativa e da renovación pedagóxica ten temática libre nesta ocasión e os materiais didácticos poderán estar dirixidos aos diferentes niveis do ensino, ben sexa en educación infantil, primaria, secundaria ou en etapas postobrigatorias. Nas propostas presentadas teñen cabida os diferentes contextos de acción socioeducativa, podendo tratar de calquera temática relativa aos ámbitos de traballo da pedagoxía-educación social e os colectivos destinatarios en diferentes organismos e institucións.Ademais, os materiais presentados deberán ser orixinais, inéditos e estar redactados ou elaborados en lingua galega. Non poderán participar aqueles traballos que fosen premiados con anterioridade nalgunha convocatoria dos Premios Educacompostela.