ALCALDÍA
No Salón Vermello do Pazo de Raxoi, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín e o rexedor padronés, Anxo Rei, destacaron os máis 60 anos de tradición desta irmandade entre Compostela e Padrón.
A rexedora compostelá recordou a importancia de "buscar os puntos de colaboración" e os "espazos de colaboración" entre as dúas vilas, e fixo fincapé na prioridade que comparten na actualidade de "compaxinar o atractivo patrimonial, histórico e cultural con garantir a mellor calidade de vida á veciñanza", así como o de traballar conxuntamente para "conseguir que haxa diversificación económica", buscando "saídas laborais tanto para a xente moza como para as mulleres".
Anxo Rei agradeceu o convite e lembrou os fortes vínculos entre ambas urbes, e aludiu ao reto da xestión do turismo en ambas vilas e na importancia de "asegurar a calidade de vida dos veciños e as veciñas". O rexedor convidou a Corporación a unha nova celebración do Día de Santiago en Padrón a vindeira Pascua.
Despois dos discursos, as dúas Corporacións saíron aos balcóns de Raxoi para escoitar as interpretacións das bandas municipais de música das dúas vilas.
Santiago e Padrón renovan a súa unión un ano máis no marco das Festas do Apóstolo
29/07/2024 As festas do Apóstolo celebraron este luns o tradicional Día de Padrón en Santiago, no que as dúas vilas reforzan os seus fortes lazos de irmandade. Así sucede tamén, á inversa, na Pascua padronesa.
A Corporación compostelá recibiu a súa homónima padronesa na praza do Obradoiro, onde se produciu o intercambio de bastóns de mando entre os dous rexedores e os saúdos protocolarios. Logo, os/as representantes municipais de ambos os dous concellos dirixíronse á Casa do Concello.No Salón Vermello do Pazo de Raxoi, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín e o rexedor padronés, Anxo Rei, destacaron os máis 60 anos de tradición desta irmandade entre Compostela e Padrón.