XUNTA DE GOBERNO
Concédense subvencións por valor de 3.000 euros ás asociacións Avv Rego das Pedras de Marantes, Avv Sandra Prego Rial, Avv Campo das Escolas de Busto, Avv Cidade Histórica de Fonseca, Avv Conxo Aberto, Avv Fco García Beiro de Marrozos, Avv Monte do Gozo Amio - San Lázaro, Avv As Cancelas, Avv Monte Longo, Avv Río Sarela A Peregrina, Avv Río Sarela San Lourenzo, Avv A Xuntanza, Avv Santa Marta-Choupana Vedesma, Avv A Xunlla de Laraño, Avv Guadalupe A Ponderosa, Avv San Juan De Fecha e Avv As Marías.
Tamén recibirán axudas as asociacións veciñais de Zezar (2.378,90 €), Avv Campo Do Monte de Nemenzo (2.464,00 €), Avv Camino de Santiago de Bando (2.120,00 €), Avv Pontepedriña (1.440,00 €), Avv Nosa Señora de Belén (2.560,00 €), Avv Berdía (1.449,42 €), Avv Plataforma de Galeras (1.808,00 €), Avv Monte de Dios (1.320,00 €) e Avv Angrois (556,00 €).
A contía asignada a cada unha das entidades vén dada pola puntuación acadada na súa proposta, das que se valorou o interese xeral da actividade ou programa para a veciñanza, a participación, a continuidade do mesmo, ou que se trate de actuacións dirixidas a colectivos desfavorecidos ou con especiais dificultades de inserción social. Tamén se tivo en conta o número de persoas asociadas á entidade, a orixinalidade e carácter innovador do programa ou actividade, a incidencia na promoción da igualdade, a realización en colaboración co Concello e a calidade e deseño da publicidade (folletos, carteis, dípticos…).
Estas subvencións financian un máximo do 80% dos gastos correntes necesarios para o desenvolvemento das actividades e programas (servizos de información, comunicación, divulgación, formación...), así como actividades sociais e outros gastos de funcionamento da entidade (administración, asesoramento, prensa...).
Contratación
O executivo municipal tamén aprobou a adxudicación do contrato que ten por obxecto a execución do proxecto de "pavimentación do núcleo interior do lugar de Pedrido (Villestro)" á empresa ALCOMTE GALICIA S.L., por un importe total de 171.839,09 euros (Base impoñible: 142.015,78 euros, IVE do 21%: 29.823,31 €). Unha actuación enmarcada no POS+ 2023, que segundo a voceira é "moi necesaria" xa que se trata dun tramo polo que tamén discorre o Camiño de Santiago que vai a Fisterrá e terá un prazo de execución de seis meses.
Míriam Louzao tamén deu conta da aprobación da actualización do proxecto construtivo "Pavimentación dos lugares de Bar de Arriba, Bar de Abaixo e rúa dos Asidros" cun orzamento de 266.497,67 euros (220.246,01 € + 46.251,66 € de IVE) e un prazo de execución de 6 meses, tras quedar a licitación deserta.
Convenios
A Xunta de Goberno tamén deu luz verde a cinco convenios para o ano 2024 por un importe total de 103.000 euros. En concreto, aprobouse o texto do convenio de colaboración para o ano 2024 do Concello de Santiago e as seguintes entidades: coa Asociación Banco de Alimentos de Santiago pola contía de 5.000 euros, coa Asociación do Conservatorio de Música Tradicional e Folque por un importe de 20.000 euros, cos Cursos Universitarios Internacionais de "Música en Compostela" por un importe de 5.000 euros, con Performa Sociedade Cooperativa Galega por un importe de 25.000 euros, coa Asociación Cultural Cidade Vella para a anualidade 2024 por 20.000 euros, e coa Federación Galega de Baloncesto por 28.000 euros.
Licenzas
A concelleira tamén salientou na rolda de prensa a concesión dunha licenza a Paradores de Turismo de España para levar a cabo restauración de fachadas exteriores, patios de San Juan e San Marcos, lonxa, drenaxe e iluminación do Hostal dos Reis Católicos por un orzamento de execución material de 8.809.557,45 euros. Unha actuación coa que "aproveitando a oportunidade que ofrece a escavación dunha gabia na rúa, se soterren os tendidos que estean despregados pola fachada leste do propio inmoble monumental", indicou Míriam Louzao.
Tamén se concedeu unha licenza ao Arcebispado de Santiago de Compostela licenza para realizar obras de mellora da accesibilidade no Pazo Arcebispal situado na praza da Inmaculada, en concreto a instalación de dous ascensores para mellorar a accesibilidade do inmoble, por un orzamento de execución material de 313.073,17 euros.
Outros asuntos
Tamén se acordou a solicitude dunha convocatoria de axudas para a xestión de colonias felinas 2024, realizada pola Secretaría de estado de Dereitos Sociais dirixida ás entidades locais.
A Xunta de Goberno local aproba a concesión de subvencións para as asociacións veciñais por máis de 82.000 euros
29/07/2024 A Xunta de Goberno deu hoxe luz verde a 29 subvencións por unha contía total de 82.396,32 euros dirixidas a asociacións veciñais da cidade para o desenvolvemento de programas e actividades de interese xeral. Na sesión ordinaria desta mañá tamén se aprobou a adxudicación das obras de pavimentación do núcleo interior do lugar de Pedrido (Villestro) á empresa ALCOMTE GALICIA S.L. por un importe total de 171.839,09 euros e dos lugares de Bar de Arriba, Bar de Abaixo e rúa dos Asidros por 266.497,67 euros. Destes e outros asuntos deu conta esta mañá en rolda de prensa a voceira do Goberno municipal, Míriam Louzao.
O executivo municipal aprobou esta maña a concesión de subvencións a 29 asociacións veciñais de Santiago, cunha achega total de 82.396,32 euros. En concreto, recibirán axudas por un valor de 5.100 euros a Avv Casa Agraria de Meixonfrío, Avv A Gracia e Avv Álvaro Cunqueiro de Vista Alegre.Concédense subvencións por valor de 3.000 euros ás asociacións Avv Rego das Pedras de Marantes, Avv Sandra Prego Rial, Avv Campo das Escolas de Busto, Avv Cidade Histórica de Fonseca, Avv Conxo Aberto, Avv Fco García Beiro de Marrozos, Avv Monte do Gozo Amio - San Lázaro, Avv As Cancelas, Avv Monte Longo, Avv Río Sarela A Peregrina, Avv Río Sarela San Lourenzo, Avv A Xuntanza, Avv Santa Marta-Choupana Vedesma, Avv A Xunlla de Laraño, Avv Guadalupe A Ponderosa, Avv San Juan De Fecha e Avv As Marías.