CULTURA
Arnaldo Antunes está considerado como un creador proteico que deixou pegada na música popular, na literatura e na arte de vangarda do Brasil dos últimos vinte anos.
A súa imaxe rompedora fíxose popular como vocalista e compositor da banda Titãs, nome de referencia no rock brasileiro dos 80, coa que gravou sete discos, varios deles supervendas. A comezos dos 90 iniciou unha carreira en solitario, simultaneando a edición de discos e libros de poemas coa realización de videoarte, poemas-visuais, instalacións e performances.
Músicos como Gilberto Gil, Daniela Mercury, Adriana Calcanhotto, Caetano Veloso e Gael Costa teñen gravado as súas cancións. Como autor, Antunes converteuse nun dos máis reputados da poesía contemporánea brasileira, participando en antoloxías e recitais internacionais.
"O meu campo de acción é moi amplo e diverso, clasificábel; non obstante, son áreas que se interseccionan, porque todas teñen en común o traballo coa palabra. A palabra para ser lida, escoitada, vista e contaminada por outros códigos", explica. Libros de poemas, ensaios, performances, esculturas, poemas visuais… A variedade do traballo de Arnaldo Antunes é unha cuestión vital. A súa música tamén chegou a gran pantalla con películas como "Blue in the face", dirixida por Wayne Wang e Paul Auster.
No novo disco, "Saiba", co que estrea o seu propio selo, Rosa Celeste, participan os seguintes músicos: Bartolo, Boghan Costa, Carlinhos Brown, Cézar Mendes, Chico Neves, Dadi Carvalho, Daniel Jobim, Edgard Scandurra, Fabio Tagliaferri, Haxi, Jaques Morelenbaum, Léo Bit Bit, Paulo Tatit, Pedro Sá, Walter Costa e Zaba Moreau e Marisa Monte.
No show co que está a presentar o seu novo traballo non falta
un percorrido polos seus anteriores disco, incluído o éxito
Tribalistas. O envolvemento escénico dos temas converte
o seu directo nun espectáculo frenético no que a extravagancia das súas vestimentas, os seus movementos de pantomima e as cores do escenario deixan ao público abraiado. Efectos que non poden faltar para un músico, Arnaldo Antunes, que é moito máis que iso.
Arnaldo Antunes actuará o domingo 29 no Auditorio de Galicia
27/05/2005 O compositor brasileiro Arnaldo Antunes, ben coñecido en España polo seu disco Tribalistas, feito xunto a Marisa
Monte e Carlinhos Brown, actuará o domingo 29 de maio ás 21.00 horas no marco do ciclo [¡]Sons da diversidade¡>