TURISMO
A exposición, que poderá visitarse ata o 17 de xuño na sala de arte do Parador, vén de presentarse en Roma, Milán, Turín e Boloña como parte dun esforzo persoal e desinteresado da duquesa pola promoción en Italia da ruta de peregrinación e da cidade santa.
María Luisa Gaetani della’Aquila d’Aragona é membro fundador da Ópera de Roma e benefactora da igrexa da Santa Croce de Xerusalén, percorreu a pé o Camiño de Santiago en numerosas ocasións e recolleu coa cámara as súas vivencias na ruta.
A duquesa dell’Aquila d’Aragona inaugura en Santiago a súa mostra sobre o Camiño
31/05/2007 A exposición fotográfica "Il Cammino e i Camminatori di Santiago di Compostela" chega o sábado 2 de xuño ao Hostal dos Reis Católicos, tras percorrer catro cidades italianas.
A mostra, patrocinada por Turismo de Santiago, será inaugurada ás 19:00 polo alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo; polo concelleiro de Turismo, Francisco Candela; e pola propia duquesa Maria Luisa Gaetani dell´Aquila d´Aragona, quen visita Santiago de Compostela xunto á directora da Oficina Española de Turismo de Roma, María Teresa de la Torre.A exposición, que poderá visitarse ata o 17 de xuño na sala de arte do Parador, vén de presentarse en Roma, Milán, Turín e Boloña como parte dun esforzo persoal e desinteresado da duquesa pola promoción en Italia da ruta de peregrinación e da cidade santa.
María Luisa Gaetani della’Aquila d’Aragona é membro fundador da Ópera de Roma e benefactora da igrexa da Santa Croce de Xerusalén, percorreu a pé o Camiño de Santiago en numerosas ocasións e recolleu coa cámara as súas vivencias na ruta.