AUDITORIO

Frans Brüggen regresa a Santiago para dirixir en dúas ocasións á Real Filharmonía de Galicia

30/05/2007 O director holandés Frans Brüggen e a Real Filharmonía de Galicia únense de novo en dous concertos, prolongando unha colaboración que comezou hai cinco anos. O primeiro dos concertos será o xoves 31 de maio, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia. A colaboración repetirase unha semana despois. O alcalde compostelán en funcións, Xosé A. Sánchez Bugallo, confirmou a súa asistencia a este concerto.

Non é a primeira vez que Frans Brüggen dirixe á Real Filharmonía de Galicia, polo que xa se converteu nun asiduo da programación do Auditorio. Nesta ocasión preparouse un programa novidoso, incluíndo unha peza na que a protagonista será a frauta, nas mans de Laurent Blaiteau. A obra, escrita por Henze, titúlase "Il sentimenti di Carl Philip Emanuel Bach" e está dedicada ao segundo dos vinte fillos de Johann Sebastian Bach.

Carl Philip Emanuel Bach fíxose famoso por ser o primeiro representante da "Empfindsamkeit", estilo musical caracterizado pola subxectividade dos sentimentos, que se traducen nunha liña melódica chea de inflexións cromáticas, evocadora de sentimentos, de aí o título de la obra de Henze.

Frans Brüggen, considerado coma un dos expertos máis importantes do mundo na interpretación da música dos séculos XVIII e XIX, naceu en Amsterdam, onde estudou musicoloxía. En 1981 fundou la Orquestra do século XVIII, formada por 60 membros de distintos países, todos expertos en repertorio dos séculos XVIII e XIX e que tocan instrumentos históricos ou copias contemporáneas. Ademais, Brüggen traballou como director coa Orquestra do Concertgebouw, coa Orquestra do Século das Luces, coa Orquestra Filharmónica de Londres ou coa Filharmónica de Israel.

Compartir: