PROMOCIÓN ECONÓMICA

A X edición da Maker Faire Galicia celebra mañá a súa primeira xornada en Área Central

28/06/2024 Área Central será mañá o escenario da primeira das tres xornadas independentes nas que se divide a X edición da Maker Faire Galicia. As actividades, que estarán centradas no emprendemento e a innovación social, contan coa colaboración da Concellaría de Promoción Económica. A responsable do departamento, María Rozas, participará no acto de inauguración, previsto para as 10 horas.

Na primeira das xornadas da Maker Faire haberá charlas, obradoiros e presentacións de máis de 45 proxectos nas categorías de Minimakers, Makers, Divulgación e Innovación Social. O evento arrancará ás 10 da mañá, e ao longo de toda a xornada sucederánse conferencias de diferentes persoas referentes e presentacións de proxectos impulsados tanto desde o sector público como do privado. A xonada finalizará cunha entrega de premios e o concerto de Mary Iglesias.

A concellaría de Promoción Económica participa na xornada do día 29 impulsando unha serie de actividades paralelas, como obradoiros de tattoo, stencil, cúpulas xeodésicas, origami matemático ou pintura de pezas 3D. Tamén haberá scape room, monólogos científicos e mesmo espectáculos de maxia vinculados á tecnoloxía.

Todas as actividades da xornada da Maker Faire, serán de balde. Ademais, haberá servizo de ludoteca para as crianzas.

Compartir: