DEPORTES

Máis de 120 equipos de catro nacionalidades participarán na Compostela Cup 2007

29/05/2007 A falta de dous días para o peche do prazo de inscrición na Compostela Cup do Camiño 2007, organizada pola Fundación Compostela Deporte, xa se anotaron máis de 120 equipos de catro nacionalidades. Clubs de Alemaña (Werder Bremen e Hannover 96), Suecia (IFK Goteborg), Portugal e España disputarán entre o 25 de xuño e o 8 de xullo a fase final en Santiago.

O Werder Bremen alemán, semifinalista este ano na Copa da UEFA, será un dos clubs que participe este ano na Compostela Cup Camiño de Santiago 2007 cun dos seus equipas de categorías inferiores. Trátase dun dos clubs máis prestixiosos de Alemaña e que cada vez ten máis nome a nivel europeo.

Xunto con este club, do país teutón asistirá tamén o Hannover 96, mentres que de Suecia participará o IFK Goteborg, como clubs estranxeiros máis destacados. A europeización deste evento confírmase coa inclusión destes equipos.

Ademais, hai que destacar a presenza dos mellores clubs galegos, como o Celta de Vigo e o Deportivo. Tamén participarán as mellores canteira de Santiago, representadas polo Conxo e polo Cidade de Santiago. Asistirán equipos da Coruña, como o Calasanz, e de Vigo, como o Santa Mariña. Tamén virán equipos destacados de distintas comunidades autónomas, como o Huelva Atlético, de Andalucía; o Raio Vallecano, de Madrid; e o Burgos, de Castela e León. Hai inscritos equipos portugueses que repiten a súa participación na Compostela Cup, coma Ataense, Hernani Gonçalves, Mondimfut, Kick-Off, entre outros.

Compartir: