XUVENTUDE
Os grupos do Centro Xove da Almáciga animarán esta tarde as festas do barrio de San Pedro
28/06/2024 As bandas Liskadakí e Las Sinsen, usuarias dos locais de ensaio do Centro Xove da Almáciga, participarán esta tarde nas festas de San Pedro, organizadas pola Comisión de Festas do Barrio de San Pedro. Con este concerto, que comenzará ás 20.00 horas, a concellaría de Xuventude colabora cos festexos, ao tempo que continúa poñendo en valor o talento mozo e local de Compostela.
A actuacion de Liskadakí comezará ás 20.00 horas. Trátase dun conxunto clásico de baixo, guitarra e batería ao que engaden as teclas, nunha banda con influencias do rock e do punk. De seguido, a partir das 21.00 horas, actuará Las Sinsen, un grupo que se caracteriza pola súa frescura, a improvisación e o seu show performático. A maiores da colaboración da Concellaría de Xuventude, nas festas de San Pedro participará tamén hoxe Ulex, outra banda vinculada ao Centro Xove da Almáciga, que fixera o seu debut precisamente neste mesmo barrio.