EDUCACIÓN
O xurado estivo formado por Ana Garralón, Natalia Colombo, André Letria, Xosé Cobas e a directora editorial de KALANDRAKA, Manuela Rodríguez. A alcaldesa do Concello de Santiago e, por delegación, a concelleira de Educación, Míriam Louzao, actuaron como presidentas do xurado; e a técnica do Departamento de Educación, Cristina Salgado, como secretaria.
O xurado destacou da obra 'BIM, BAM, BUM' a "frescura dunha historia que mostra a cara lúdica da infancia, na que a amizade é un compoñente esencial".
Na valoración da obra o xurado tamén se destacou a capacidade do proxecto gañador para evocar "a felicidade desa etapa da vida. O xogo, a liberdade, o movemento e o humor están presentes, tanto no texto como na ilustración, e compleméntanse nun todo harmonioso".
Segundo o fallo, o texto de María Girón é "sinxelo e musical" e "retoma elementos da tradición oral como os acumulativos, as repeticións e os xogos fonéticos". "A ilustración é vibrante, actual, dun trazo libre que xoga co espazo e as cores", sinala o xurado.
O Concello de Santiago en colaboración con KALANDRAKA, publicarán a obra gañadora en galego, catalán, éuscaro, castelán e portugués, o vindeiro mes de novembro. A obra premiada constituirá un dos eixos na proxección exterior da citada editorial e da cidade de Santiago a través das feiras internacionais do libro.
Obra finalista
Ademais, o xurado elixiu a proposta 'Voglio andare senza rotelle', do ilustrador italiano Tobias Giacomazzi, como finalista do Premio por constituír unha "historia chea de humor, a partir de pequenos detalles, desenvolta con tensión narrativa e cun final sorprendente" e cunhas ilustracións "realizadas cunha técnica moi depurada, crean un ambiente singular que engaiola a mirada lectora".
Premiados nas edicións anteriores
A primeira gañadora do Premio Internacional Compostela foi a arxentina Natalia Colombo, autora e ilustradora da obra titulada «Cerca», presente na rolda de prensa de hoce. Ao ano seguinte o mexicano Felipe Ugalde recibiu o galardón por «Un gran soño». O autor Pep Bruno e a ilustradora Mariona Cabassa foron distinguidos na terceira edición polo libro «A familia C». O uruguaio Martín León Barreto gañou a cuarta convocatoria con «A viaxe de Olaf». Seguiulle «Bandada», dos mexicanos Julia Díaz e David Álvarez. Na sexta edición a obra elixida foi «Mamá», da arxentina Mariana Ruiz Johnson. Na convocatoria de 2014 foi premiado «Ícaro», do pacense Federico Delicado. A galardoada en 2015 foi «Despois da chuvia», do cordobés Miguel Cerro. Ao ano seguinte, o premio recaeu nos autores gregos Antonis Papatheodoulou e Iris Samartzi por «Unha última carta». Na décima edición gañou «A horta de Simón», da arxentina Rocío Alejandro. Fran Pintadera e Christian Inaraja foron os autores galardoados en 2018 por «Cándido e os demais» e, ao ano seguinte, a búlgara Mariann Máray co álbum «O can de Milu». Na edición seguinte resultou seleccionado o proxecto do italiano Pietro Gottuso, «Dende 1880». Marina Gibert, con «Selva», foi a gañadora en 2021, e a artista peruana Fabiola Anchorena con «Esperando o amencer», no 2022. Na anterior edición o premio foi para as autoras catalás Núria Figueras e Anna Font pola súa obra ‘A visita’.
'BIM, BAM, BUM', de María Girón, gaña o XVII Premio Internacional Compostela de Álbums Ilustrados
28/06/2024 A autora catalá María Girón é a gañadora do XVII Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado cun proxecto titulado 'BIM, BAM, BUM'. A obra 'Voglio andare senza rotelle' de Tobias Giacomazzi alzouse como finalista. Organizado polo Concello de Santiago e a editorial KALANDRAKA, este premio ten unha dotación económica de 9.000 euros e conleva a publicación da obra gañadora en galego, catalán, éuscaro, castelán e portugués no mes de novembro.
'BIM, BAM, BUM' impúxose nunha edición do Premio Compostela á que se presentaron 218 proxectos procedentes de 22 países: España, Italia, Portugal, Canadá, China, Perú, Arxentina, Brasil, Rusia, Estados Unidos, Israel, México, Turquía, Ecuador, Alemaña, Irlanda, Francia, Dinamarca, Bélxica, Chipre, Colombia, Eslovenia e Chile.O xurado estivo formado por Ana Garralón, Natalia Colombo, André Letria, Xosé Cobas e a directora editorial de KALANDRAKA, Manuela Rodríguez. A alcaldesa do Concello de Santiago e, por delegación, a concelleira de Educación, Míriam Louzao, actuaron como presidentas do xurado; e a técnica do Departamento de Educación, Cristina Salgado, como secretaria.