IGUALDADE
As/os integrantes dos diferentes grupos municipais María Rozas (Compostela Aberta), Mercedes Rosón (PSdG PSOE), Míriam Louzao (BNG)e Borja Rubio (PP) leron a continuación o declaración institucional aprobada polo Pleno municipal do pasado 27 de maio, con motivo do Día Internacional do Orgullo LGBTI+, este 28 de xuño, data que conmemora a revolta de Stonwall que se produciu en Nova York en 1969, considerada como o nacemento do movemento LGBTI moderno.
Na lectura recordouse que "Santiago leva moitas décadas sendo concello de acollida, ademais do forno no que se xestaron moitas das reivindicacións transformadoras que antecederon os dereitos dos que gozamos hoxe" polo que é importante "coñecer o que aconteceu, e rescatar aquelas historias de discriminación, de resistencia, de solidaderiedade e de loita colectiva, para comprender que somos unha sociedade diversa, un concello diverso".
Nesta declaración a Corporación municipal manifesta a súa "preocupación" polo "incremento nas agresións LGBTIfóbicas, verbais e físicas" e a necesidade de que "desde o ámbito municipal se destinen recursos materiais, económicos e persoais, que garantan que traballamos de forma transversal nos ámbitos da prevención de todo tipo de discriminacións, de atención e asesoramento ás persoas que o necesiten e de intervención social, xurídica e policial coordinada para erradicar todo tipo de violencias".
Por todo isto, a totalidade dos grupos municipais comprométense a través de varias medidas concretas a seguir avanzando cara a un "concello orgulloso, diverso e seguro para que todas as persoas poidamos ser libres en todos os ámbitos das nosas vidas, onde todas as persoas que viven, traballan, estudan ou nos visitan, sintan tamén que Compostela é o lugar onde poder ser quen queremos ser sen ningún tipo de limitación".
En concreto, as concelleiras que deron lectura á declaración, comprometéronse en nome da Corporación municipal a apoiar as mobilizacións convocadas polo movemento LGBTI+ para hoxe, 28 de xuño; a avanzar na formación interna e na revisión dos formularios municipais para garantir un acceso igualitario e libre de discriminacións aos servizos públicos; a garantir unha perspectiva transversal a todas as áreas municipais dos dereitos das persoas LGBTI+; a seguir apoiando o desenvolvemento e implementación do Protocolo para a abordaxe das violencias sexuais e LGBTIfóbicas no ocio nocturno; a poñer en funcionamento o Servizo de Asesoramento LGBTI+ e a recuperar e poñer en valor a memoria LGBTI+ do noso concello.
O Concello de Santiago celebra o Día Internacional do Orgullo LGTBI+
28/06/2024 O Pazo de Raxoi acolleu esta mañá o acto central de celebración do Día Internacional do Orgullo LGTBI+, no que se deu lectura a unha declaración institucional por parte das concelleiras dos diferentes grupos municipais María Rozas (Compostela Aberta), Mercedes Rosón (PSdG PSOE), Míriam Louzao (BNG) e Borja Rubio (PP). A alcaldesa, Goretti Sanmartín, foi a encargada de abrir e pechar o acto que tamén contou coa participación dun grupo de alumnas do IES do Sar.
O acto central do Día do Orgullo LGTBIQ+ abriuse cunhas palabras de benvida da rexedora que reiterou o compromiso institucional "coas persoas e co colectivo LGBTI" na "defensa do seu dereito a vivirmos en diversidade". A continuación un grupo de alumnas do IES do Sar leron fragmentos de texto en verso e prosa a prol da defensa dos dereitos LGBTI+.As/os integrantes dos diferentes grupos municipais María Rozas (Compostela Aberta), Mercedes Rosón (PSdG PSOE), Míriam Louzao (BNG)e Borja Rubio (PP) leron a continuación o declaración institucional aprobada polo Pleno municipal do pasado 27 de maio, con motivo do Día Internacional do Orgullo LGBTI+, este 28 de xuño, data que conmemora a revolta de Stonwall que se produciu en Nova York en 1969, considerada como o nacemento do movemento LGBTI moderno.