MOBILIDADE E CONVIVENCIA
O obxectivo da iniciativa é que os nenos e nenas poñan en práctica o aprendido ao longo do curso nas actividades impulsadas desde o departamento, como as charlas nos propios centros escolares ou no parque infantil de tráfico que se desenvolve en Amio. Trátase, tamén, de promover o uso da bicicleta como medio de transporte sustentable, os hábitos de vida saúdables, e a convivencia entre as crianzas.
A alcaldesa, Goretti Sanmartín, e o concelleiro de Mobilidade, Xan Duro, recibiron os nenos e nenas no Obradoiro, onde fixeron un descanso e participaron nalgúns xogos, en colaboración con Decathlon, despois dun percorrido que os levou por boa parte da cidade, e que foi deseñado para que os escolares se puideran ir incorporando paulatinamente desde os seus propios centros.
Máis de 400 escolares participan na Marcha Ciclista organizada polo departamento de Educación Viaria da Policía Local
31/05/2024 Máis de 400 rapaces e rapazas participaron esta mañá na Marcha Ciclista Escolar que pecha as actividades organizadas polo departamento de Educación Viaria da Policía Local. Os nenos e nenas fixeron un percorrido pola cidade, cun descanso na Praza do Obradoiro onde foron recibidas pola alcaldesa, Goretti Sanmartín, e polo concelleiro de Mobilidade, Convivencia e Centros Socioculturais, Xan Duro.
As rúas de Compostela enchéronse esta mañá de alumnos e alumnas de 5º e 6º de Primaria dos colexios López Ferreiro, Vite, Raíña Fabiola, Divino Maestro, Vilas Alborada e Quiroga Palacios, que participaron coas súas bicicletas na Marcha Ciclista Escolar organizada polo Departamento de Educación Viaria da Policía Local.O obxectivo da iniciativa é que os nenos e nenas poñan en práctica o aprendido ao longo do curso nas actividades impulsadas desde o departamento, como as charlas nos propios centros escolares ou no parque infantil de tráfico que se desenvolve en Amio. Trátase, tamén, de promover o uso da bicicleta como medio de transporte sustentable, os hábitos de vida saúdables, e a convivencia entre as crianzas.