LINGUA
A lingua medra
Esta actividade terá lugar todos os luns do mes ás 17 h no Espazo Apego.
Luns 3. Merendolas
Luns 10. Movéndonos con Apego
Luns 17. Quen vén?
Luns 24. Experimentamos
Tardes de contos
Os martes do mes (4, 11, 18 e 25) estarán reservados para as ‘Tardes de contos', un tempo para entrar nos contos e imaxinar a partir deles, aprendendo cada vez máis palabras para entender o mundo. As actividades desenvólvense cada semana arredor dun centro de interese diferente, arredor dunha temática mensual e en dous horarios: de 17 a 18 h para 0-3 anos e de 18.15 a 19.15 h para 3 a 6 anos.
Enredando e lingoretando
Os mércores desenvolverase a actividade ‘Enredando e lingoreteando’, un espazo de entretemento activo arredor do xogo, libre ou guiado. A socialización en galego é o obxectivo e a imaxinación e os valores da amizade e a cooperación serán as ferramentas. A actividade contará con dous grupos diferenciados: para 3-6, sen acompañamento dunha persoa titora, e para 0-3 con acompañamento. Nos dous casos o horario será de 17 a 19 h. Iranse incorporando temas e materiais relacionados coas festividades, o medio natural, a contorna inmediata etc., para propiciar a interacción.
Mércores 5. Xogamos coas palabras
Mércores 12. Fabricamos xoguetes
Mércores 19. Imos ao patio
Mércores 26. Xincana de palabras
Tachán!
Un xoves cada quince días contactamos co acervo e a cultura mediante a oferta de espectáculos ou contidos executados por especialistas e en diversos formatos.
Un saquiño de contos de Ángeles Goás (0-4 anos)- xoves 6 / 18 h / Espazo Apego
A pita xefa de Títeres Alakrán (+3 anos) - xoves 20 / 18 h / Espazo Apego
Chega a programación do mes de xuño ao Espazo Apego
31/05/2024 A proposta de actividades para o mes de xuño no Espazo Apego está xa dispoñible e o prazo de inscrición aberto.
Todas as actividades propostas desenvólvense con inscrición previa cubrindo cadanseu formulario. O día anterior sobre as 12 h recibirase un correo coa confirmación da praza, xusto despois de rematar o prazo de inscrición.A lingua medra