DEPORTES
Poderán acceder a estas subvencións as entidades deportivas que participen en competicións oficiais federadas, con sede social no Municipio de Santiago e que figuren inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións, e no Rexistro da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia. Están excluídas estas subvencións as categorías daquelas entidades que teñan un convenio nominal co Concello de Santiago de Compostela; e os equipos de fútbol sala que participen na competición local, interzonal, e/ou provincial, como consecuencia do alto número de participantes existentes; e os equipos de fútbol que participen na categoría de veteranos.
O formulario oficial de solicitude CS006F estará dispoñible na sede electrónica do Concello de Santiago, no trámite "Solicitude de subvención" e as entidades interesadas disporán dun prazo de 15 días naturais para a presentación de solicitudes a partir de mañá, 1 de xuño.
Para os efectos desta convocatoria de subvencións consideraranse gastos subvencionables os comprendidos entre o 1 de xaneiro e o 15 de outubro de 2024 que respondan a, entre outros, os seguintes conceptos: gastos de pagamento de licenzas federativas e de mutualidade; gastos de desprazamentos fóra do termo municipal vinculados coas datas de competición oficial federativa; gastos de aloxamento e manutención dos diferentes equipos ou deportistas da Entidade, que deberán de coincidir e vir acompañados do calendario oficial federativo da competición; gastos de arbitraxes que se correspondan coas competicións do calendario oficial federativo; gastos de material deportivo non inventariable (balóns, equipacións, ...) ata un máximo de 3.000 euros; gastos de alugueiro de instalacións para adestramentos ou competicións; así como gastos médicos e de seguros de responsabilidade civil ou accidentes.
Mañá abre o prazo para solicitar as subvencións destinadas ao deporte federado
31/05/2024 O Boletín Oficial da Provincia da Coruña publicou hoxe a convocatoria de subvencións destinadas ao fomento do deporte federado, aprobadas pola Xunta de Goberno local o pasado 27 de maio. Estas axudas contan cun orzamento de 330.000 euros, cun importe máximo a percibir por entidade de 18.000 euros e poderán ser solicitadas ata o 15 de xuño.
A finalidade destas subvencións é apoiar a promoción das entidades deportivas locais de carácter federado, co obxecto de financiar, en parte, os gastos derivados da súa participación nas competicións deportivas establecidas nos correspondentes calendarios oficiais das federacións autonómicas e nacionais.Poderán acceder a estas subvencións as entidades deportivas que participen en competicións oficiais federadas, con sede social no Municipio de Santiago e que figuren inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións, e no Rexistro da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia. Están excluídas estas subvencións as categorías daquelas entidades que teñan un convenio nominal co Concello de Santiago de Compostela; e os equipos de fútbol sala que participen na competición local, interzonal, e/ou provincial, como consecuencia do alto número de participantes existentes; e os equipos de fútbol que participen na categoría de veteranos.