ALCALDÍA
Naquela cita, que Sanmartín cualificou como produtiva e construtiva, alcanzáronse compromisos, como a convocatoria do Consello da Capitalidade para adecuar o financiamento que corresponde a Compostela conxelado desde hai dúas décadas. Así mesmo, nese encontro tratáronse outros asuntos como a vivenda, a sustentabilidade turística ou a dotación de infraestruturas e equipamentos para Santiago. Moitos meses despois estes asuntos continúan pendentes.
Sanmartín entende que a capital galega non pode quedar fóra dunha rolda de contactos cos alcaldes e alcaldesas na nova lexislatura, unha vez que Alfonso Rueda foi elixido presidente tras presentarse como candidato por primeira vez nas eleccións autonómicas.
Malia seren habituais as roldas de contactos tras as eleccións municipais, ao abrirse unha nova lexislatura, a capital galega debe incluírse na axenda de encontros.
Cómpre sinalar que a propia alcaldesa xa anunciara o interese por reunirse de novo co presidente da Xunta no inicio deste período para garantir o seu impulso aos asuntos común, entendendo que cumpría outorgarlle un período de cortesía unha vez pasadas as eleccións.
Neste contexto, o anuncio por parte do presidente de excluír dos contactos a capital de Galicia non é de recibo e, por iso, insta a que se fixe unha data para as próximas semanas.
A alcaldesa de Santiago lamenta que o presidente da Xunta non recoñeza a capital de Galicia e ínstao a convocar unha reunión bilateral no inicio desta lexislatura
30/05/2024 A alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, reclama ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, unha reunión bilateral para abordar os asuntos pendentes que afectan á capital galega e lamenta que non recoñeza a capital de Galicia.
A primeira vez que ambos os dous mandatarios mantiveron un encontro foi o pasado 2 de outubro, na rolda de contactos coa alcaldías tras os comicios do 28 de maio.Naquela cita, que Sanmartín cualificou como produtiva e construtiva, alcanzáronse compromisos, como a convocatoria do Consello da Capitalidade para adecuar o financiamento que corresponde a Compostela conxelado desde hai dúas décadas. Así mesmo, nese encontro tratáronse outros asuntos como a vivenda, a sustentabilidade turística ou a dotación de infraestruturas e equipamentos para Santiago. Moitos meses despois estes asuntos continúan pendentes.